Éxito na implantación da marca Lirio de Ribeira da OPP83

10 Abril 2023

A Sociedade Cooperativa Galega del Mar Santa Eugenia obtivo o recoñecemento como Organización de Produtores Pesqueiros de ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, OPP-83, en maio do 2019. Segundo explicou a cooperativa, o lirio da OPP83 conta cun etiquetado que especifica e indica a calidade dese produto en lonxa a través da marca Lirio de Ribeira. Así, engade a entidade pesqueira, “a OPP está contribuír á rastrexabilidade dos produtos de pesca e o acceso a información clara e completa para os consumidores”.

A cooperativa explica que o lirio é a principal especial pescada pola flota asociada á OPP representando preto do 45% do volume da súa produción total, sen embargo, soamente significa o 35% do valor das vendas. E por isto que coa Marca Lirio de Ribeira, a OPP83, pretende “diferenciar no mercado o lirio capturado ao día mediante artes de arrastre tradicional e selectivo”.

Acreditacións de frescura e calidade

A marca distingue aos produtos que cumpran cos requisitos das especificacións técnicas e do regulamento de usos, garantindo ao consumidor un grao máximo de frescura e calidade.

Segundo indican fontes da cooperativa, o obxectivo da OPP83 con este etiquetado é “poñer en valor a marca Lirio de Ribeira, a forma de pescar dos produtores da OPP, que tratan con moito mimo este produto e dalo a coñecer entre as persoas consumidoras que se sorprenderán pola súa versatilidade”.

A Sociedade Cooperativa do Mar Santa Eugenia, Organización de Produtores Pesqueiros OPP83, é a titular da marca e a responsábel de xestionala e administrala.

O lirio, amparado pola Marca, cumpre co establecido nas especificacións técnicas onde cabe destacar un dos aspectos principais que xunto coa súa calidade e a súa frescura ten categoría extra, xa que o tempo máximo que transcorre dende a captura o desembarque e a comercialización é de apenas unhas horas.

O etiquetado da marca Lirio de Ribeira ampara ao lirio capturado na zona FAO27 polos membros da OPP83 adheridos á marca sempre que se cumpran os estándares de calidade establecidos na documentación técnica presentada. A OPP83 facilita aos socios da organización autorizados para o uso da marca en etiquetas numeradas correlativamente que identifican as capturas do lirio que cumpran co regulamento de uso, o código de especificacións técnicas e os parámetros de calidade establecidos.

A OPP83 vela polo cumprimento do regulamento de usos e das especificacións técnicas para a utilización da marca, propondo as modificacións que considere oportunas e en xeral ocuparase do desenvolvemento adecuado da mesma.

Durante este ano 2023 a OPP continuará facendo actividades promocionais con esta especie, que, agora, co etiquetado, derivarán en novas accións comerciais coas que dar a coñecer a calidade deste saboroso e versátil produto a través do PPyC da Organización de Produtores Pesqueiros de Ribeira, OPP83.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.