Este venres inaugúrase a mostra que percorre os 20 anos de andaina da Banda da Escola de Música de Rianxo

20 Abril 2023

A Asociación Escola de Música de Rianxo organiza a exposición 20 anos de Música, enmarcada nos actos conmemorativos do XX aniversario da Banda da Escola de Música de Rianxo. A mostra poderá visitarse na sala de exposicións do auditorio de Rianxo, dende este venres 21 de abril até o 19 de maio.

A apertura da exposición será como dixemos este venres 21 de abril ás 20.30 horas.

A organización do evento conta coa colaboración do Concello de Rianxo, a Deputación da Coruña e Bandin Audio.

A mostra permitiranos coñecer a evolución da Banda da Escola de Música de Rianxo durante os últimos 20 anos, grazas a diferentes fotografías, vídeos e instrumentos musicais. “Será”, en palabras do Concello, “unha oportunidade única para gozar da música e coñecer a historia desta emblemática banda”.

Orixes e traxectoria

A Escola de Música de Rianxo créase no verán do 2001 coas iniciativas e inquedanzas dos músicos locais Ramón Pérez, Carlos Figueira, José Fungueiriño e Rafael Collazo. Como resultado desta iniciativa cultural, xorde no ano 2003, con alumnos da propia escola, a Banda da Escola de Música de Rianxo que na actualidade conta con 60 músicos.

Dende a súa fundación no 2003 ata hoxe, a agrupación foi destacando en diversas facetas. Por unha banda, a súa participación no integrador e innovador proxecto Musigalizando e os diferentes intercambios culturais con outras agrupacións. Por exemplo o Ciclo de Bandas, promovido polo Concello de Rianxo, no que teñen participado bandas de toda Galicia.

Por outra banda, cada ano ao remate do verán, a banda realiza un concerto cunha temática diferente. Estes concertos achegaron a Rianxo a música de bandas sonoras con proxección das películas; colaboracións con grupos como Carapaus, Brincadeira ou o Trío Vaamonde, Lamas & Romero; concertos baseados en obras literarias ou con narrador; o concerto Unha Noite de Amor con Lela, do que ademais foi editado un disco; o concerto de Malabares con PistaCatro ou A Gata con Zocos de A Cova das Letras; o concerto Con-Fusión con Píscore; e o máis recente concerto Verbena Sinfónica dentro da programación das Festas da Guadalupe.

Cabe destacar dun xeito especialmente relevante, a participación en diversos certames, como no ano 2008, no que a banda acadou o 1º premio no II Certame Galego de Bandas na sección terceira; e no 2016 o 1º premio no X Certame Galego de Bandas na sección segunda, celebrados no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela.

Desde os seus comezos, o responsábel da Banda da Escola de Música de Rianxo é o seu actual director, Rafael Collazo Moares.

No acto de presentación, participarán:

– O presidente da Escola de Música: Eduardo García

– O alcalde de Rianxo: Adolfo Muíños.

Para poñer o punto musical contarase coa actuación dun cuarteto de clarinetes formado por músicos integrantes da banda.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.