Este mércores volven a Boiro os obradoiros de Espazo Familias para mellorar a comunicación familiar

25 Abril 2023

Este mércores 26 de abril o Centro Social de Boiro vai acoller unha nova sesión do programa Espazo Familias, a terceira das sesións previstas esta tempada. Espazo Familias é unha iniciativa de obradoiros destinados a proxenitores, preadolescentes e adolescentes desenvolvida pola comunidade educativa de Boiro sobre a mellora da comunicación familiar. A nova cita será ás 18.00 horas no Centro Social.

As sesións de traballo do Espazo Familias de Boiro están a ser impartidas por Anabel Mosquera (pedagoga, formadora e experta en adiccións), Jaime Bello (educador social) e Alba Pérez (educadora social e directora de Exeria). O programa conta coa colaboración do Concello de Boiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.