“”Estarán tolos estes científicos, ou?”. Antón Luaces

20 Abril 2023

Asterix e Obelix, dous dos irredutibles e loitadores habitantes da aldea gala cuxos guerreiros bebían unha apócema que lles preparaba antes das batallas o druida, serían con total seguridade máis contundentes e sinalarían aos romanos á hora de cualificalos de tolos. Mais no caso que nos ocupa, son os científicos do ICES (Consello Internacional para a Exploración do Mar) os que semellan ter perdido o oremus coa súa proposta de revisión da presenza de ecosistenas mariños vulnerábeis nos fondos de augas comunitarias situados entre os 400 e os 800 metros de profundidade.

Agora, e despois de ir dando bandazos de norte a sur e de oeste a leste, o ICES propón a avaliación pola Comisión Europea do regulamento de execución que pechaba o pasado 9 de outubro un total de 87 caladoiros para a frota que realiza pesca de fondo (arrastre, palangre, enmalle de fondo, nasas, etc.). Todo isto cando, vai tan só uns días a SG Pesca daba como feito que a Comisión non ía afondar naquela formulación para,. nesta revision actual, modificar a mesma de tal xeito que non ía significar deterioración algunha para, neste caso, a frota comunitaria española.

Estáche morena, dicía miña avoa Maripepa.

Ai, non ó.  O novo informe do ICES vai pola mesma vía do anterior e fixa distintos escenarios posibles concluindo que dos 87 polígonos que daquela barallaba, podería pasarse agora a entre 102 e 115, o que ven ser unha variante do clásico “a quen non quer unha taza de caldo, dúas”, no senso de prácticamente, duplilcar o espazo vedado á pesca de fondo rn augas ibéricas.

Dubido que esta variante teña unha maior aceptación por parte da Comisión que a anteriormente coñecida (a dos 87 polígonos) e que, en concreto, significaba para Galicia a perda de 3.162,83 quilómetros cadrados do caladorio no espazo mariño da Costa da Morte; 62,18 na costa da Ferrolterra-Valdoviño, e 2.218,65 quilómetros cadrados nas Rías Baixas galegas. Case 6.000 quilómetros cadrados que, na teoría, poderían verse incrementados notablemente na devandita nova revision do ICES, se a Comisión Europea estima a proposta científica.

A que xogan e que obxectivos queren acadar con este ir e vir de sinsentidos, por que ata os científicos están empeñados en machacar ata a destrución a frota española e, nomeadamente, a galega?. Que se lles fixo para que estean a babexar cada vez que se revisa algo que teña que ver coas frotas galegas?.

A pretensión  última quererá ser unha especie de martelo con cabeza ecolóxica e de mazo de ferreiro na fragua comunitaria para que esta xogue outras bazas que non sexan a da sustentabilidade en augas propias e facilitar así ás frotas de terceiros países o acceso máis ou menos libre aos mercados da UE?.  Terán os científicos datos que o sector pesqueiro descoñece para aplicarse con tanto esmero en percorrer o camiño da autodestrución das frotas pesqueiras comunitarias?-

Certamente non me teño por un antieuropeista, un negacionista das vantaxes de sermos socios da Unión Europea; mais en asuntos deste calibre,  ás veces dan gañas de mandar  facer esterco a aqueles que se empeñan en estercar os mares -e non precísamente con argazo- que eles non traballan, se me excusa vostede, lector, o ex abrupto.

Outros artigos

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.