Enrique Paisal recibiu en Palmeira o aplauso do público durante o musical homenaxe ós Tamara “Unha noite na eira do trigo”

23 Abril 2023

Enrique Paisal recibiu onte pola noite na súa Palmeira natal o aplauso unánime do público
congregado no porto con motivo da representación de “Unha noite eira do trigo”: musical homenaxe ao mítico grupo Los Tamara do que aquel tomou parte dende a súa fundación.
A actuación, a cargo de La Ocaband con Pepo Suevos como actor- presentador, estivo adscrita á programación do Abril dos Libros do Concello, reunindo a máis douscentos espectadores pese ao tempo
inclemente. Entre eles, o alcalde Manuel Ruiz, quen dedicou unhas palabras ao pianista, quen foi tamén director da Coral Municipal e do Conservatorio.
Saxofón en Oleiros
E, precisamente a iniciativa do Conservatorio ‘Enrique Paisal’, onte pola noite tamén tivo lugar un concerto do profesorado da Aula Galego de Saxofón no Centro Social de Oleiros. Actuaron Xabier
Casal e Carlos Ordóñez. Entre o público asistente estivo a concelleira de Educación, Juana Brión.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.