“De Imserso” – Xulio Xiz

21 Abril 2023

As vacacións relaxarannos ou non segundo enfrontemos os pequenos acontecementos de cada día, sen sufrir en demasía polos non favorables desfrutando dos pracenteiros.

Comezando abril, viaxar a Ibiza gratifica se o tempo axuda e a curiosidade florece, porque unha semana no paraíso libertario doutrora, sen o agobio de multitudes do verán, permite analizar contrastes, gozar das paisaxes, descubrir recantos e comprobar de novo que camiñar case vagabundeando é perfecto xeito de achegarse á realidade de xentes coma nós, en terras coma a nosa.

Resulta grato comprobar que o efecto balsámico do descanso continuou cando unha avaría no avión nos obrigou a oito horas de espera no aeroporto de Ibiza sen a necesaria claridade informativa, o que provocou que unha minoría inquedamente agresiva se envorcase de xeito impropio co persoal do aeroporto que intentaba tranquilizalos, con individualidades proclives á protesta que atopaban eco en levantiscos secuaces aos que só lles faltou cantar “A las barricadas!” para caldear o ambientes.

Os da maioría silenciosa gardamos silencio por estimar que vociferando non se consegue nada, por conformismo resignado ou por pensar que nun territorio polo que cada día transitan milleiros de persoas, no que a tecnoloxía goberna, os máis interesados en que todo funcione correctamente son os servidores do complexo servizo,

Tras o descanso forzado, volveu funcionar con precisión matemática tanto o mecanismo do Imserso como o reloxo vital dos que non estamos sentados sobre un barril de pólvora; dos que imos descansar, e conseguímolo

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...