Este mércores 26 de abril, preto de 40 alumnos e alumnas do Conservatorio de Música de Ribeira Enrique Paisal participarán no Teatro Colón de A Coruña na representación da obra 125 anos de noites en vela.
Esta obra está organizada polo Concello de A Coruña e participan o CEIP Eusebio da Guardia de A Coruña e o centro ribeirense, ademais de contar coa colaboración do CIFP Imaxe e Son e o CEE María Mariño.
A función terá lugar a partir das 19 horas e forma parte dos actos conmemorativos do 125º aniversario do colexio Eusebio da Guarda.




