Conta atrás para o inicio da I Feira de Emprego do Barbanza

17 Abril 2023

Comezou a conta atrás para o inicio da primeira edición da Feira de Emprego do Barbanza. Celebrarase esta semana, o xoves 20 e o venres 21 de abril, en xornada da mañá, no Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira (Boiro).

A Feira de Emprego do Barbanza vén da man do Concello de Boiro. O obxectivo do evento é acoller estratexias en materia de formación e selección, contribuír a derrubar barreiras de inclusión laboral e fomentar as sinerxías entre as empresas e as persoas potencialmente contratábeis.

En detalle, o Concello explica que a feira ten a finalidade “de promover e facilitar a relación entre o tecido empresarial e as persoas demandantes de emprego e dar a coñecer as principais estratexias que, en materia de formación e selección, se están a levar a cabo por parte das organizacións empresariais máis representativas da zona do Barbanza”.

Esta cita busca ser un referente en materia de formación e emprego na comarca, polo que está programada a participación de axentes sociais que dinamizarán obradoiros para a busca de emprego, o emprendemento e o autoemprego, a orientación profesional e a inclusión a persoas con discapacidade.

Ademais de coloquios e relatorios previstos, participarán as empresas con máis peso da comarca e algunhas contarán con stands fixos durante as dúas xornadas para a recollida de currículos e prestar información sobre o emprego.

As persoas demandantes de emprego e empresas que estean interesadas en participar, poden formalizar a súa inscrición mediante a web municipal.

Os relatorios e as mesas redondas serán de acceso libre para o público xeral.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.