Comeza a instalación de semáforos no cruce de Aguiño

15 Abril 2023

O Concello de Ribeira vén de informar do comezo dos traballos para a instalación de semáforos no cruce entre as estradas DP-7305, DP-7306 e DP-7307, na localidade de Aguiño, que se corresponden coas rúas de Sálvora e Francisco Lorenzo Mariño (DP-7305), rúa da Cerca (DP-7306) e rúa Listres (DP-7307).

Esta intervención, destinada a mellorar a seguridade viaria, está sendo realizada pola empresa Montaxes Eléctricas Noroeste, S.L.. Supón un investimento de 45.254 euros, IVE incluído, co-financiados con Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro da EDUSI Máis Ribeira Atlántica.

A intervención abranguen o subministro e instalación de oito semáforos de columna, catro dos cales disporán de tres ópticas para vehículos e dous para peóns, mentres que os outros catros disporán de dous ópticas para peóns.

A execución deste proxecto leva aparellado o subministro e instalación tamén dun regulador electrónico, avisador acústico, premedor táctil e interruptor diferencial, entre outros elementos.

Amais, colocaranse na beirarrúa luminarias LED a ambos extremos de cada paso de peón sobre báculos ou na propia columna.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...