O Concello de Outes presentou os detalles da nova edición das súas andainas, destinadas a mostrar cada domingo desta tempada, ante veciños e visitantes, os tesouros ambientais, paisaxísticos e patrimoniais das parroquias do termo municipal.
As inscricións deberán formalizarse na Casa da Cultura (
981 850 950) dende o luns anterior a cada andaina.
Comezarán este domingo 20 de abril cunha saída ás Capelas e ao Castro de San Ourente, e seguirán o domingo 7 de maio cunha excursión guiada de Mirás a Carleo polo Cristo de Baneo. A terceira das andainas será o domingo 14 de maio, de San Tirso de Cando á Catedral da Electricidade. a Cuarta celebrarase o domingo 21 do mesmo mesmo, sendo un percorrido pola historia do Freixo e do Rego de Rial. O domingo 4 de xuño haberá unha saída a Santa Lucía por Entíns, e sete días máis tarde farase un itinerario camiñado polas beiras do río Bendimón. O domingo 18 de xuño os participantes poderán coñecer a orixe do concello de Outes, e o 25 de xuño farase unha andaina cara a Torre dos Mouros e as Fervenzas de San Paio.




