Carmen Pérez é a aposta do PP de Ribeira pola parroquia de Olveira para as vindeiras eleccións

06 Abril 2023

A moza Carmen Pérez é a aposta do candidatura do Partido Popular para representar as demandas da veciñanza de Olveira na próxima Corporación 2023-2027. Este mércores 5 de abril foi presentada nun acto no restaurante Casa Vilas que reuniu a numeroso público e no que a aspirante a edil estivo respaldada na mesa por Manuel Ruiz, María Sampedro e Elvira Pereira.

Carmen Pérez expresou o seu desexo de traballar pola parroquia “por unha Olveira mellor” e púxose a disposición dos veciños para escoitar as súas demandas. Ademais, tivo palabras de eloxio para Elvira Pereira, a cal manifestou que aínda que non estará de concelleira na próxima Corporación, seguirá apoiando a Manuel Ruiz e a Carmen Pérez no que faga falta.

Ruiz Rivas, pola súa banda, fixo un repaso pola situación do Concello e as dificultades derivadas de traballar cuns orzamentos desactualizados correspondentes a un ano de pandemia como o 2021.

Con esta última son catro as novidades por agora dadas a coñecer pola formación que lidera Manuel Ruiz cara ás eleccións municipais do 28 de maio.

Anteriormente, foron presentados Álex Vidal por Castiñeiras, Estrella Franco por Corrubedo e Vicente Reiriz por Artes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.