“Bribón é galbán”. Luís Celeiro

28 Abril 2023

Bribón, como o nome do barco, es ti, camándula que non tiveches cabeza e agora non tes alma nin tes pés, non tes corazón de home bo e non tes quen te queira. É unha enorme inxustiza iso que che está pasando, pero ti ben sabías, ou deberías saber, como e quen eran os teus. Deberías saber quen eras ti e os teus pasados, que pensamento tiñan, que valores defendían e que principios asumían.

Traducido ao galego, o significado de bribón´, seguindo os ditamines da real Academia, ese ente que vixía e observa con atención os andares da lingua española, significa pícaro, preguiceiro ou dado á preguiza picaresca, un canalla camándula que anda na risa, na festa desatinada e que, se fai falta, vai tranquilamente á misa da tarde ou da mañá, confésase e soporta o cartel ou cartela promocional que lle impoñan, aínda que sexa exclusivamente para a ocasión. A eles pásalles como a nós. Son de carne e óso igual que nós, aínda que teñan moita máis suavidade nas súas más afinadas e na súa lingua educada. Aqueles que teñen afiadas as mans e a lingua, como se fosen agullas de calcetar ou de zurcir as medias. Todo pasou e alá vai. Xa ninguén lembra tempos pasados, pero hai moitos que lembran aqueles tempos das ruadas, da calceta, e dos fiadeiros, aqueles tempos cando se cantaba e se afinaba a zanfona, o tambor e os pratos tan sonoros de tanto soar, como soan as campás da catedral ou da igrexa parroquial. A lingua é o falar (e o cantar) do pobo, dos homes e das mulleres que integran este e eses outros pobos de xentes humildes e de campións en bonhomía. Agrándase a lingua falando, conversando, respondendo e escoitando, igual que se agranda o corazón suando e amando. O ridículo e o irrisorio tamén se agrandan, de camiño que se aumenta a tristura, a burla e a chacota. Eles sábeno, pero non o remedian, inverten os conceptos e seguen con ludibrio mofándose da dignidade das xentes que andan da casa ao traballo e do traballo á casa, se a caso, cunha parada na biblioteca municipal ou na taberna do taberneiro do barrio. Na de sempre, onde se apaga a televisión inmediatamente despois de empezar o primeiro programa. O señor, alá el e a familia, se vén que veña e se quere quedar que se quede, pero, por favor, que ouse, que non se atreva a predicar co exemplo. Todos saben (sabemos) que as súas prédicas, igual que as súa ordes, serán inútiles. “Que se cale ese discreto”, dicía Amador, o da gaita pendurada e a letra das cancións trabucada, aquel que non escoitaba o“parte” para non ocuparse e non pensar no que podía pasar. Galbán!

Outros artigos

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.