Barbanza celebra o Día da República reivindicando ás persoas represaliadas pola ditadura en Lousame e en Rianxo

08 Abril 2023

Baixo o lema Día da República, non des a esquecemento a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza, coa colaboración do Concello de Rianxo, do Concello de Lousame e da Deputación da Coruña, vai organizar unha serie de actos para reivindicar a memoria de todos aqueles que loitaron contra a ditadura e o fascismo na nosa comarca. As actividades, encadradas na celebración do Día da República (14 de abril), celebraranse o sábado 15 en dous concellos do Barbanza: en Lousame (no Monumento do Confurco, obra do artista ribeirense Gonzalo Sarasquete) e en Rianxo (no Auditorio Municipal).

A primeira das actividades previstas desenvolverase como dixemos no Confurco (Lousame), coa tradicional ofrenda floral no Monumento ás Vítimas do Franquismo. O acto inclúe un recital poético e unha actuación musical de Uxía Moares. A cita conmemorativa dará comezo ás 18.00 horas.

Algo máis tarde, ás 20.00 horas, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza trasladarase á Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. O evento contará coa presentación de A represión no Barbanza (1936-1958), unha publicación escrita por Xoán Fernández Callón, que aborda a represión sufrida polas persoas republicanas na rexión durante os anos da Guerra Civil e a posguerra.

Ademais, realizarase o nomeamento da persoa republicana de honra 2023, en recoñecemento á súa labor e dedicación na defensa dos valores republicanos e na recuperación da memoria histórica. O evento conta coa colaboración do Concello de Rianxo, do Concello de Lousame e da Deputación da Coruña.

A celebración do Día da República é un momento de reflexión e homenaxe a todas as persoas que loitaron pola defensa da democracia e da liberdade durante a Guerra Civil e a posguerra. A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza convida á comunidade a participar nestes actos e a manter vivo o recordo dos acontecementos que marcaron a historia da nosa terra.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.