Arrincan os traballos para dotar de abastecemento o núcleo de Corques (Taragoña)

22 Abril 2023

A empresa Midón, adxudicataria do proxecto de abastecemento de Corques en Taragoña (a través do Plan Único da Deputación da Coruña), iniciou os primeiros traballos na aldea. Esta obra levará a traída municipal ao conxunto de Corques e permitirá chegar ao cruce coa estrada AC-305, segundo informou o Concello de Rianxo, engadindo que a actuación supón o asfaltado posterior de toda a zona afectada pola obra.

O importe de adxudicación é de 99.751,55 euros e abrangue unhas 25 vivendas. Supón ademais un treito que abastecerá desde o depósito de Taragoña toda a AC-305 até o Araño.

O prazo de execución é de dous meses, polo que “é de agardar que neste verán estea finalizado e garantido un subministro con problemas no estío”, engadiron fontes do Consistorio, lembrando que o proxecto desenvólvese con fondos da Deputación (Plan Único) asignados polo Concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.