Apoio unánime no pleno de Boiro ao mantemento da competencia xurisdicional do Xulgado da Violencia de Xénero (Xulgado Nº3)

28 Abril 2023

O Concello de Boiro celebrou este xoves 27 de abril o pleno ordinario correspondente ao mes de abril e que contou coa totalidade de membros da Corporación, 17. Entre outros acordos relevantes, aprobouse por unanimidade reclamar o mantemento do Xulgado de Violencia de Xénero (Xulgado Nº 3) do Partido Xudicial de Ribeira, unha petición expresada previamente polo propio Partido no pleno de Ribeira, onde, como lembraremos, pídese solicitar a todas as administracións públicas e organismos competentes na materia o mantemento da competencia xurisdicional no ámbito da violencia de xénero na eido territorial do Partido Xudicial de Ribeira, a favor do Xulgado Mixto Nº3 da cidade.

A sesión pode verse íntegra mediante a canle de YouTube do Concello.

Resultado das votacións dos asuntos da sesión:

1. Declaración institucional para o mantemento do xulgado de violencia de xénero do partido xudicial de Ribeira – aprobación por unanimidade (17 votos a favor).

*solicitase cambio na orde do día e pasa a debaterse o punto núm. 12:

12. Moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE sobre o conflito da mexilla e apoio ao sector bateeiro – aprobación por unanimidade (17 votos a favor).

*solicitase cambio na orde do día e pasa a debaterse o punto núm. 10:

10. Moción do BNG relativa ao 8 de marzo sobre medidas encamiñadas a blindar, garantir e defender os dereitos das mulleres así como promover a igualdade real entre mulleres e homes en Galiza – aprobado por unanimidade (17 votos a favor).

2. Aprobación inicial, se procede, do ditame dos orzamentos xerais do Concello de Boiro para o exercicio 2023 – rexeitado con 7 votos a favor (PSOE, Boiro Novo e non adscrito) e 10 votos en contra (PP, BNG e IC Boiro).

3. Aprobación inicial, se procede, do ditame do crédito extraordinario núm. 1/2023 financiado con remanente de tesourería para gastos xerais – aprobación con 7 votos a favor (PSOE, Boiro Novo e non adscrito) e 10 abstencións (PP, BNG e IC Boiro).

4. Inclusión de proxecto no POS+ adicional 2023 e solicitude de subvención á Xunta de Galicia – aprobado con 14 votos a favor (PP, PSOE, Boiro Novo e IC Boiro) e 2 abstencións (BNG). *ausencia do concelleiro non adscrito.

5. Designación dos membros da Comisión de Estudo para o restablecemento do servizo público das actividades deportivas a desenvolver no Edificio multiusos da Cachada – rexeitado con 6 votos a favor (PSOE e Boiro Novo) e 10 votos en contra (PP, BNG e IC Boiro). *ausencia do concelleiro non adscrito.

6. Solicitude de adscrición da Casa do Mar de Cabo de Cruz a favor do Concello de Boiro – aprobación con 15 votos a favor (PP, PSOE, BNG Boiro Novo e IC Boiro). *ausencia do concelleiro non adscrito e un concelleiro do PP.

7. Proposta da alcaldía para solicitar que se dedique un Día das Letras Galegas a D. Ramón Martínez López – aprobación por unanimidade (16 votos a favor) *ausencia do concelleiro non adscrito.

8. Resolución de recursos potestativos de reposición contra a aprobación definitiva do inventario municipal de bens – aprobación con 6 votos a favor (PSOE e Boiro Novo) e 10 abstencións (PP, BNG e IC Boiro). *ausencia do concelleiro non adscrito.

9. Distinguir a D. José Beobide Arburua, Padre Joseba, co nomeamento dunha rúa ao seu nome: renomeando a Rúa Carretera do Muelle (Lampón) por “Rúa Padre Joseba Beobide – aprobación con 15 votos a favor (PP, PSOE, Boiro Novo, IC Boiro e non adscrito) e 2 abstencións (BNG).

11. Moción de IC Boiro sobre a falla de seguridade cidadá no concello polo conflito coa Policía Local e o Sr. Alcalde – aprobación con 10 votos a favor (PP, BNG e IC Boiro) e 7 votos en contra (PSOE, Boiro Novo e non adscrito).

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.