Anxo Núñez Fernández (BNG) será o candidato á alcaldía de Outes nas eleccións do 2023

19 Abril 2023

A asemblea local do BNG de Outes vén de escoller a Anxo Núñez Fernández coma candidato á alcaldía do concello para as eleccións municipais de maio do 2023. O BNG traballa para “conseguir o Goberno de Outes cun proxecto serio, amplo e ambicioso no que leva traballando constantemente ao longo destes anos”, explican dende a agrupación ao fío deste nomeamento. O grupo tamén pendurou un vídeo nas redes onde podemos ver as declaracións de Anxo Núñez.

En palabras do candidato:

“Queremos un concello cun plan de mantemento eficaz, que aposte por crear vivenda pública para aumentar o número de veciños e que leve adiante iniciativas que estimulen a creación de emprego en Outes e na comarca.”

“Aspiramos a liderar un goberno serio para traballar nas solucións aos problemas de raíz do noso concello mais tamén sacando adiante o traballo diario da maneira máis eficaz posible. En definitiva, facer que Outes comece a avanzar.”

“Asumo a candidatura á alcaldía de Outes con toda a forza, ilusión e responsabilidade coa que traballei sempre. Todos estes anos construíndo unha alternativa de goberno serio e as máis de 30 mocións e centos de rogos e preguntas respaldan o noso proxecto para gobernar este concello. Confiamos no potencial de Outes e queremos gobernar para avanzarmos xuntos dunha vez por todas, para termos un concello que aposte polo seu e se convirta noutro referente do bo facer coma Mazaricos, Allariz ou Pontevedra.

“Quero agradecer á asemblea local o seu apoio e todo o traballo destes anos, en especial a María Xosé Suárez Castro pola súa intensa labor á fronte desta organización todo este tempo.”

Dentro dos obxectivos principais que se marca o BNG están a elaboración dun plan de saneamento integral das augas residuais, a mellora na xestión do lixo, o coidado e correcto mantemento dos espazos públicos, o reforzo nos servizos sociais, a humanización completa de rúas e lugares, o asentamento poboacional e a creación de oportunidades económicas.

Segundo explica o candidato, “o concello de Outes é o máis afectado polo despoboamento na nosa contorna e precisa de medidas eficaces e contundentes para frealo”. O BNG quere levar adiante a creación de vivenda pública e unha bolsa de vivenda para que “haxa alternativas dignas e económicas para a emancipación da xuventude no concello”. E engade: “Sen vivendas dispoñibles para o alugueiro dificilmente pode aspirar a medrar ou manterse un pobo que nos últimos dez anos perdeu máis de mil habitantes”.

A maiores, Anxo Núñez explica que “dende o BNG entendemos que a creación de oportunidades económicas pasa polo apoio ao comercio local, a creación dun plan de turismo sustentábel que asegure unha desestacionalización do sector e uns maiores beneficios para a veciñanza, a creación dun parque empresarial con todas as garantías legais e unha visión comarcal ambiciosa. Entendemos que sería unha gran oportunidade para a nosa ría, mais tamén para Outes, a adquisición, por parte da Xunta, da fábrica de Calvo en Esteiro para o peche produtivo do marisqueo en quilómetro cero”.

“Proba diso son as moitas iniciativas que levou a organización a pleno durante estes anos. De todas elas xa son unha realidade ou están en vías de selo: o arranxo da escola de Tarás, do club Taxamar, o arranxo e adecentamento de todos os paseos municipais, a creación duns baños públicos en Broña, a creación da primeira vivenda pública de Outes ou a creación dunha sala de ensaio musical aberta”.

Outros artigos

A RAGC e a UIE distinguen a Rubén Lado, investigador de Outes

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE) acaban de resolver a segunda edición dos Premios RAGC-UIE para investigadoras e investigadores novas/os. Estes galardóns teñen como obxectivo impulsar a investigación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...