Abre as súas portas en Boiro a I Feira de Emprego do Barbanza

20 Abril 2023

O Concello de Boiro celebrou na mañá deste 20 de abril a primeira xornada da I Feira de Emprego do Barbanza. O obxectivo deste evento, que arrincou poñendo o foco na necesidade de habilitar solo industrial, é “promover e facilitar a relación entre o tecido empresarial da nosa contorna e as persoas demandantes de traballo”. A primeira xornada contou con dous foros sobre Eixes de desenvolvemento económico do Barbanza e Estratexias en materia de formación e emprego.

O primeiro foro da mañá, que estivo moderado por Carlos Muñiz, contou coa participación de José Ramón Romero, alcalde de Boiro; Beatriz Sestayo, xerente de SEA; Juan Carlos Rama, director de Recursos Humanos de CONGALSA; e Juan José Fajardo, director executivo (CEO) de JJ Chicolino. A mesa redonda abordou a problemática da falta de solo industrial da comarca e tamén a necesidade de man de obra cualificada para o crecemento das empresas.

No segundo foro da mañá, moderado polo fundador de Arestora, Juancho Ares, participaron Zeltia Lado, directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación; Nuria Figueira, de JEALSA SA; Ángela Seoane, directora territorial de Nortempo; e Sonia Arias, responsábel da dinamización da relación con empresas do Barbanza. Nesta mesa tratouse a procura e retención de talento por parte das empresas, os perfís máis demandados, así como a importancia da adaptación da formación ao mercado de traballo.

O alcalde, José Ramón Romero, fixo especial fincapé ma importancia da formación para o emprego e a especialización: “Cada vez demándase unha man de obra máis cualificada e estamos vendo que a especialización é a clave do desenvolvemento empresarial, por iso é importante poñer en coñecemento as principais estratexias de formación e selección que levan a cabo as empresas da zona”, afirmou o alcalde, José Ramón Romero.

Pola súa parte o concelleiro de Promoción Económica, Carlos Muñiz, falou da importancia de poñer puntos de encontro entre empresas e demandantes e “contribuír a potenciar novos sectores produtivos e oportunidades na comarca”.

A I Feira de Emprego do Barbanza continúa o venres, a partir das 9.30 horas con stands de empresas da zona e obradoiros destinados a demandantes de emprego. Ás 10h Iria Montero e Raquel Suárez van impartir un taller sobre Busca activa de emprego; ás 11h Tomás Estévez (xerente da ABE) vai impartir o de Emprendemento, autoemprego e creatividade; ás 12h Domingo Álvarez Agudo impartirá o de Orientación profesional e ás 13h Rocío Vázquez o de Inserción Laboral de persoas con discapacidade e en risco de exclusión.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.