A USC e o Concello de Rianxo achegan media ducia de actividades formativas para persoas maiores de 50 anos

04 Abril 2023

O Concello de Rianxo, a través da Área de Cultura, traballa coa Universidade de Santiago para achegar formación local á cidadanía do municipio maior de 50 anos.

A USC, en colaboración co Concello de Rianxo, lanzou un proxecto de democratización do coñecemento a través do programa universitario de maiores, IV Ciclo chamado Camiños de Coñecemento e experiencia. Serán media ducia de actividades.

Este programa está dirixido a persoas maiores de 50 anos que desexen seguir aprendendo e enriquecer a súa formación. Os Camiños de Coñecemento e Experiencia en Rianxo proporcionan “unha oportunidade única para acadar novos coñecementos sobre diferentes temas, tales como historia, arte, literatura, ciencia, tecnoloxía e moitos máis”, segundo informou a Área de Cultura.

As persoas que estean interesadas en participar neste programa, poden inscribirse enviando un correo electrónico a cultura@concelloderianxo.gal ou chamando ao teléfono 981 100 688 para obter máis información.

As conferencias van desenvolverse no Auditorio de Rianxo, seguindo o seguinte programa:

MARTES 18/04/2023 16:30-18:00h

Seminario: Idadismo, desterrando prexuízos I.

Nieves Rodríguez Soler, Socióloga e Xerontóloga social. Colaboradora do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC.

MÉRCORES 19/04/2023 16:30-18:00h

Seminario: Os dereitos básicos das persoas consumidoras: como reclamar.

Técnica do Instituto Galego de Consumo.

XOVES 20/04/2023 16:30-18:00h

Seminario: Os servizos no fogar: luz, gas, telefonía e Internet.

Técnica do Instituto Galego de Consumo.

MÉRCORES 26/04/2023 16:30-18:00h

Seminario: A carta xeográfica de Galicia de Domingo Fontán.

Anxo Rodríguez Lemos. Doutor en Historia. Profesor do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC.

XOVES 27/04/2023 16:30-18:00h

Sesión práctica: Interpretación da carta xeográfica de Galicia de Domingo Fontán.

Anxo Rodríguez Lemos. Doutor en Historia. Profesor do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC.

MARTES 02/05/2023 16:30-18:00h

Seminario: Idadismo: desterrando prexuizos II.

Nieves Rodríguez Soler, Socióloga e Xerontóloga social. Colaboradora do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC.

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.