
A solución á falta de vivenda non a pode dar un chosco.
Unha solución non pode ser mirar con lupa á esquerda esquecendo a dereita.
Por moito que se axude aos mozos para adquirir unha vivenda en alugueiro, dándolles toda clase de beneficios, se se esquece ao propietario, dono da vivenda que a prefire baleira antes que o risco de alugala.
Cómproa para tela baleira? Non, en absoluto, o problema é que podes ter ao inquilino un ano sen pagar alugueiro, sen pagar auga ou luz e es ti a vítima, a que tes que seguir mantendo os gastos do inquilino.
Este é o problema?
Non en absoluto, o problema é que dentro dun ano o inquilino marche e cha deixe esnaquizada, levándose a neveira a cociña e algo máis, o problema é que fanche falta 10.000 € para solucionar o problema e ante estas ameazas hai menos vivendas no mercado.
Por que non se lle fai responsable ao inquilino dos danos causados, solicitar información de onde estivo antes, pero sobre todo que asuma a débeda dos danos causados.
Que o propietario non se vexa abandonado.
Pero que podemos pedir ao goberno se un suxeito elíptico pode ocupar a túa casa, mentres estás no cinema, a misa ou o hospital e como propietario quedas na rúa, cando isto funciona así non hai solución, estamos no país dos choscos, onde na Carreira de San Jerónimo, está o máis inútil da sociedade.




