Nun Auditorio Valle-Inclán con mais de 90 persoas non seu interior, na tarde deste domingo 23 de abril celebrouse presentación da candidatura do novo partido político Veciñxs Independentes da Pobra, que se presenta a este comicios municipais no Concello de Pobra do Caramiñal, encabezada por Eloy Sobrido.
En primeiro lugar tomou a palabra Jose Rios numero 4 da candidatura, expresando o seu agradecemento ao candidato por contar coa súa participación, e pedindo o apoio para Eloy Sobrido de quen dixo “que é unha persoa sobradamente preparada para o reto que afrontan”.
Tras el tomou a palabra Myriam García, numero 2, quen agradeceu ao candidato que contase con ela dende o primeiro momento para este posto, e destacou del “ser unha persoa traballadora e preparada”.
Despois destas presentacións, tomou a palabra o candidato a Alcaldía Eloy Sobrido quen destacou que concorre cun equipo de 14 persoas “que saben o que necesita o municipio, con ideas e un proxecto claros”, e destacou tamén que “a lista esta integrada maioritariamente por xente nova, pero a pesar disto pediu “a confianza pois a experiencia gáñase, pero ter idea e proxectos claros non, iso ou se ten ou non”. E acto seguido pasou a presentar un por un os integrantes da lista:
1 – Eloy Sobrido García.
2 – Myriam García Fontao.
3 – Myriam Jessica Mariño Boo.
4 – Jose Rios Rodas.
5 – Francisco Damian Vázquez Vidal.
6 – Marta Fontao Batalla.
7 – Alberto Sobrido Mariño.
8 – Maria del Carmen Mariño Boo.
9 – Maria Encarnación Bouzón Romero.
10 – Agustin Cebreiro Romero.
11 – Antonia Maria Santiago Vizcaya.
12 – Maria del Mar Pérez Regades.
13 – Jorge Pérez Rego.
1º Suplente – Maria Teira Millán.
O candidato desculpou no acto a ausencia da numero 9 por cuestión laborais e da numero 11 por motivos de saúde. E acompañado polo seu equipo pediu aos asistentes a súa confianza para apoiar a candidatura de VIP. Tras o acto os candidatos/as sacaron unha foto de familia e estiveron falando con varios dos asistentes.