A Pobra acolle a mostra fotográfica de CEGASAL que mostra o emprego das persoas con diversidades funcionais

11 Abril 2023

A mostra fotográfica CEGASAL, unha asociación de persoas para as persoas continúa coa súa xira por distintos municipios galegos e loce xa na Casa da Cultura Raquel Fernández Soler da Pobra do Caramiñal. Arredor de corenta imaxes e unha proxección integran esta reportaxe documental que busca pór en valor o día a día no mundo laboral das persoas con capacidades diversas.

Durante a apertura da exposición, a concelleira da Cultura da Pobra do Caramiñal, Patricia Lojo, gabou a traxectoria da asociación empresarial galega de centros especiais de emprego sen ánimo de lucro, que fixo os seus 25 anos no pasado ano, tempo no cal se esforzaron por faceren unha sociedade máis inclusiva a través do emprego. Así mesmo, a edil indicou que este tipo de iniciativas constatan que “a cultura tamén é un mecanismo para concienciar e achegar situacións que moitas veces nos poden resultar alleas.”

En semellantes termos pronunciouse tamén a deputada provincial de Benestar Social, Ana Lamas, ao sinalar que se une cultura e a difusión de iniciativas de índole social. “Non podemos falar de plena integración se unha persoa non pode desenvolver completamente o seu proxecto vital e este, evidentemente, pasa tamén por se incorporar ao mercado laboral”, manifestou.

Actualmente, a entidade conta con 32 centros especiais de emprego que facturan máis de 44 millóns de euros e que lles dan emprego a 2162 persoas con algunha discapacidade.

En representación de CEGASAL, o vicepresidente primeiro, Herminio Martínez, apuntou que teñen marcado como obxectivo para os vindeiros anos a creación de 400 novos postos de traballo, ademais de promover a creación de máis centros de emprego sen ánimo de lucro. Deseguido, a vicepresidenta segunda, Silvia Alende, ofreceu un percorrido comentado.

O proxecto creativo desenvolveuse ao longo de dous anos e medio nunha decena de centros e materialízase nunha exhibición de imaxes polo territorio galego coa colaboración da Deputación da Coruña.

A visitas pódense efectuar ata o día 28 de abril, de luns a venres, en horario de 10.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 horas.

Outros artigos

Na Pobra, o Museo Valle-Inclán acolle a maqueta do Santa Isabel

Este venres, día 18 de setembro, tivo lugar na Sala de Iconografía do Museo Valle-Inclán a rolda de prensa para presentar a nova exposición temporal da maqueta do buque Santa Isabel, afundido o 2 de xaneiro de 1921 nas costas de Sálvora (Aguiño), e que poderá...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.