A IX Carreira Camiño das Letras volverá reivindicar a nosa cultura dende o deporte

28 Abril 2023

A Cidade da Cultura acolleu este 28 de abril a presentación da Carreira Camiño das Letras, que celebra este ano a súa novena edición co obxectivo reforzado de reivindicar a nosa cultura (e o Camiño de Santiago) a través do deporte e o lecer. Este ano a proba estará apadriñada polo popular presentador da CRTVG Roberto Vilar. A iniciativa deportivo-cultural, que se celebra o 17 de maio, vén de man de Xurdir e conta coa colaboración dunha manchea de entidades, entre as que se atopa a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades. As inscricións poderán realizarse ata o domingo 14 de maio ás 23,59 horas no web www.carreirasgalegas.com.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participarán na presentación da IX Carreira Camiño das Letras.

Na presentación participaron Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística; Anxo M. Lorenzo, director xeral de Cultura; Ana Isabel Vázquez, directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura; Roberto Vilar, actor, comunicador e padriño da carreira; José Manuel Iglesias Gómez, concelleiro de Facenda de Boqueixón; María Esther Pedrosa, concelleira de Deportes de Santiago de Compostela; Iván Sanmartín, presidente da Federación Galega de Atletismo, e Ignacio Seijo, director-xerente de Xurdir.

Os representantes da Xunta de Galicia (Valentín García e Anxo Lorenzo) salientaron o papel da Carreira Camiño das Letras como “un xeito de achegarlle a toda a sociedade unha das festas máis importantes da nosa cultura, sacala á rúa e asociala aos valores que promove o deporte”.

Esta actividade enmárcase na programación de máis dun centenar de accións que o Goberno galego, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega e a CRTVG, en colaboración con numerosas empresas, entidades, administracións locais e editoriais, impulsan para celebrar o 60 aniversario das Letras Galegas e homenaxear a Francisco Fernández del Riego.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participarán na presentación da IX Carreira Camiño das Letras.

Dúas probas absolutas

A IX Carreira Camiño das Letras, que como cada ano forma parte do calendario oficial da Federación Galega de Atletismo, constará de dúas probas absolutas nas que poderán participar atletas federados ou sen federar, unha de 15 km, que partirá ás 10,00 horas do Pico Sacro e percorrerá a Ruta da Prata ata a Cidade da Cultura, e outra de 5 km, que comezará ás 10,05 horas no Gaiás e seguirá un circuíto polo Bosque de Galicia.

Ademais, a partir das 12,00 horas, a rapazada tamén poderá participar desta celebración nalgún dos circuítos habilitados na Cidade da Cultura, que van desde a categoría sub 6 á sub 16.

As persoas interesadas poderán inscribirse na páxina web www.carreirasgalegas.com ata o domingo 14 de maio ás 23,50 horas. Despois, poderán recoller os seus dorsais na sede de Bonaval Car o martes 16 de 9,00 a 14,00 horas e de 16,00 a 20,00 horas, momento en que recibirán como agasallo un libro e o diploma Camiños das Letras.

Os tres primeiros clasificados das proba de 15 km e 5 km recibirán cadanseu trofeo máis un lote de libros; os tres primeiros clasificados de cada unha das restantes categorías recibirá un lote de libros, e o club federado e o colexio do que máis atletas rematen as probas recibirán un trofeo e un lote de libros.

Outros artigos

Noia alzou a voz contra a violencia machista

Na mañá deste mércores 25 de novembro, o alumnado dos centros educativos de Noia foi protagonista da lectura do manifesto con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. A axenda deste mércores deu comezo ás 11.45 coa lectura da...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...