A Deputación aproba iniciar as expropiacións para a construción dunha senda peonil na estrada de Rianxo a Burés por Asados

28 Abril 2023

As obras, cun investimento de 169.614 euros,  permitirán construír unha senda paralela á estrada, na súa marxe dereita, dando da continuidade aos tramos existentes

A Deputación da Coruña aprobou no pleno celebrado este venres, 28 de abril, o inicio dos trámites das expropiacións previas á execución dunha senda peonil na estrada provincial DP-7202 de Rianxo a Burés, pasando por Asados, no Concello de Rianxo.

As obras, cun orzamento previsto de 169.614 euros, consistirán na execución dunha senda peonil paralela á estrada, na súa marxe dereita que da continuidade ás existentes para unir cos tramos xa existentes.

Para iso proxéctase a construción dunha senda elevada, cun ancho medio de dous metros, que se vai realizar mediante unha excavación con saneo nunha profundidade media de 1 metro, colocarase un recheo con material seleccionado de préstamos e un espesor de 70 cm, xabre artificial en 30 cm e pavimento con baldosa hidráulica sobre unha base de formigón e un bordo de 10 cm de espesor por encima.

Para a drenaxe das augas pluviais contémplase a construción dunha rede de tubería de PVC de 315 mm de diámetro que discorrerá por debaixo da senda. Para a captación das augas colocaranse sumidoiros cada 25 metros, aproximadamente. Nesta mesma distancia colocaranse os diferentes pozos de rexistro.

Como resultado das afeccións previstas na execución de dita obra, será necesaria a substitución tanto do tramo da rede de abastecemento existente como dos puntos de luz para a iluminación pública, así como do cableado e os elementos necesarios para o seu correcto funcionamento.

Por último, inclúense no proxecto as unidades necesarias de sinalización horizontal e vertical, dacordo coas necesidades e características do tramo no que se realizará a actuación.

O prazo de execución é de catro meses a partir do inicio das obras.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.