A Consellería do Mar e a Secretaría Xeral de Pesca analizan os principais asuntos de interese para o sector marítimo-pesqueiro galego

15 Abril 2023

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, e a secretaria xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Isabel Artime, mantiveron esta semana un encontro de traballo no que analizaron os principais asuntos de interese e de actualidade no sector marítimo-pesqueiro galego. Neste sentido, ambas abordaron distintas decisións adoptadas nos últimos meses pola Comisión Europea como o veto á pesca de fondo en augas comunitarias ou os plans para limitar no futuro a actividade da frota de arrastre, o que tería un importante impacto socioeconómico nalgúns dos principais portos da comunidade.

Galicia defende a necesidade de que todas as decisións que se adopten na xestión das pesqueiras conten cos correspondentes informes biolóxicos e de impacto socioeconómico. Por iso, a Xunta sempre apostou por facer valer diante das autoridades europeas un dos principios básicos da Política Pesqueira Común (PPC), o equilibrio entre os aspectos medioambientais, económicos e sociais na xestión da actividade. Nesta liña, Rosa Quintana trasladou a Isabel Artime a vontade de colaboración co Executivo estatal na consecución dese obxectivo e na defensa dos intereses da frota, como fixo apoiando en todo momento a presentación por parte de España do recurso contra o regulamento de execución que veta a pesca de fondo en 87 zonas de augas comunitarias.

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, mantiveron un encontro coa secretaria xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Isabel Artime. foto xoán crespo

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...