O alcalde de Ribeira fixo públicos no mediodía deste luns 3 de abril os resultados da segunda edición da campaña AmaRibeira, impulsada polo Concello para incentivar o comercio local a través de bonos de desconto: unha iniciativa á que se adheriron un total de 141 establecementos e que propiciou un total de 980.212 euros en ventas.

Ruiz Rivas recordou que a campaña estivo activa entre o 10 de decembro e o 31 de xaneiro para favorecer a actividade comercial nas épocas de Nadal e rebaixas, e que se abriu despois un período extraordinario do 13 ao 28 de febreiro. Entregáronse á cidadanía un total de 3.500 bonos de 30 euros de cada un, dos cales se empregaron máis do 85% ata sufragar dende as arcas municipais un total de 218.530 euros. Isto significa que por cada euro aportado polo Concello xeráronse ventas por valor de 4,4 euros, logrando así o obxectivo perseguido con esta acción.
Ademais, o alcalde explicou que entre os 18 epígrafes existentes entre os comercios beneficiarios, os de produtos téxtiles e calzado e os de xogueterías foron os preferidos polos clientes, aglutinando máis do 70% das transaccións.



