Con motivo da celebración este 23 de abril do Día do Libro, dende hoxe ata o día 29 deste mes a Biblioteca Municipal de Ribeira acolle unha exposición de obras pertencentes a 19 autores nos que no 2023 se celebra a efeméride do seu nacemento ou falecemento.

Concretamente, os escritores homenaxeados son C.S. Lewis, Bertolt Brecht, Azorín, Manuel Murguía, Vicente Aleixandre, Dan Simmons, J. R. R. Tolkien, Henning Mankel, Italo Calvino, Lewis Carroll, Pablo Neruda, Pearl S. Buck, Octavio Paz, James Ellroy, Federico García Lorca, Josep Vallverdú, Gloria Fuertes, Molière e Emily Brontë.




