A Aula do Maior de Aguiño acolle en maio dous cursos gratuítos sobre o uso do móbil

26 Abril 2023

No marco do Programa de Dinamización e Promoción Social das Persoas Maiores, a Aula do Maior de Aguiño vai dar cabida o próximo mes de maio a dous cursos de móbil Android para familiarizar e mellorar o manexo destes dispositivos. As clases terán lugar os días 9, 11, 16 e 18 de maio, en quendas de 10 a 11 e de 11 a 12 horas.

As persoas participantes aprenderán a instalar e desinstalar aplicacións móbiles, utilizar a cámara e a galería de imaxes, enviar e recibir mensaxes por Whatsapp e inscribir contactos, entre outros coñecementos.

As veciñas e veciños interesadas/os poden inscribirse no Departamento de Servizos Sociais (teléfono: 981 874 131).

Trátase dunha acción promovida pola Consellería de Servizos Sociais en colaboración coa Rede CeMIT.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...