A ABE lanza unha campaña online de afiliación no que se detallan os dez motivos para integrarnos na patronal boirense

12 Abril 2023

A ABE boirense presentou unha nova campaña de afiliación que pon o foco nas dez principais vantaxes que lles reportaría aos negocios e establecementos locais adherirse á patronal. Será unha iniciativa de mercadotecnia dixital para que, en palabras da ABE, “as persoas empresarias que aínda non están asociadas nos coñezan”. A campaña actívase este 12 de abril e inclúe o lanzamento (cada semana nas redes e en www.abe.gal) dunha das dez razóns devanditas para afiliarse á asociación. Así até completar as 10 fixadas en orixe.

Outra novidade dentro do sistema de captación que implementa a ABE dende este 12 de abril é a caixa de benvida, trátase dun orixinal soporte elaborado expresamente para cando unha nova empresa se dea de alta e contén un pack composto polo seguinte:

Adhesivo identificativo para o negocio

Calendario laboral de Boiro

Guía con información para novos socios

Botella de auga de vidro

Cunca

Bolsa de algodón orgánico

Bolígrafos

Block de notas ABE

O obxectivo, en palabras da patronal boirense, é “termos ordenada a documentación que entregamos aos novos socios e tamén potenciar a imaxe de marca da entidade xa que tentaremos deixar constancia da entrega para poder difundila en redes sociais”.

En paralelo a campaña reforzarase coa comunicación interna. Así, “aínda que moitas das empresas socias levan tempo asociadas sempre está ben recordar o que podemos facer por eles, neste sentido temos un documento novo que imos a empezar a usar cando se da de alta un novo socio no que se explican varios dos servizos de maior demanda e que os socios va poder consultar ou descargar sempre dende a nosa web www.abe.gal”, engaden dende a asociación.

Actualmente a ABE conta con 198 empresas asociadas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.