“Xogar coa fame a seren soldados de ben e paz”. Antón Luaces

29 Marzo 2023

Un informe de Amnistía Internacional cualifica de “desastroso” o ano 2022 no que atinxe aos dereitos humanos.

Marcado xa pola invasión de Rusia a Ucraína e pola devastación militar sobre o pobo e un país en paz, o ano 2022 foi testemuño de como en poucos eses quedaron arrasadas infraestruturas civís , accións nas que morreron milleiros de persoas e moitas máis resultaron  feridas de moi diversa consideración.

Amáis, as accións de Rusia aceleraron unha crise enerxética e de distribución de alimentos , que deron paso a unha crise alimentaria xeral qwue segue a afectar de xeito desproporcionado ás nación máis pobres e ás persoas racializadas.

Amnistía Internacional confirmou a este xornal que investigou e documentou o acontecido con Rusia e tamén outros países do mundo.

Por se isto fora pouco, o líder ruso Vladimir Putin dixo o pasado sábado que Moscova despregaría armas nucleares “tácticas” no territorio de Bielorrusia, un seu aliado situado ás portas da Unión Europea, un anuncio que se produciu xusto un ano despois  da invasión rusa de Ucraína, nación esta que linda con Bielorrusia e Rusia, e  cando máis de 3.000 militares tomaban parte nuns exercicios que a Federación Rusa realizou co uso de mísiles balísticos intercontinentais tipo lars.

Cadrando conm toda esta situación, o embaixador ruso en Estocolmo. Viktor Tatarintgev, dixo que Finlandia e Suecia serán “obxectivos lexítimos” de “seguridade” de Rusia cando sexan membros da OTAN: “Após a adhesión, a lonxitude total das fronteiras entre Rusia e a OTAN case se duplicará”, dixo o diplomático ruso, engadindo que “se aínda lle parece a alguén que isto mellorará dalgún xeito a seguridade de Europa, teña en conta que os novos membros do bloco hostil van converterse nun obxectivo lexítimo para as medidas de represalia rusas, incluida as de natureza militar”.

Un posicionamento nada tranquilizador a cuxo lume bota ainda máis leña USA que dixo aprobará a creación dun tribunal especial para xulgar a agresión rusa en Ucraína, tribunal con raíces no sistema xudicial ucraíno que inclúe elementos internacionais e que, simplemente, para nada tranquiliza a ninguén.

Rusia, sen dúbida, está a xogar coa fame e as vidas dos ucraínos, xogando a seren soldados de ben e paz en terra de lobos.

Outros artigos

“Parar e reflexionar. Continuar ou renunciar?” – Antón Luaces

Nunca vivimos na España democrática posterior ao franquismo unha situación semellante: un presidente do Goberno, elixido pola maioría -exígua, pero maioría- do Congreso dos Deputados formula o que, para min, non é outra cousa que o plebiscito ou refrendo público para...

+

“La derecha no muerde”. José Castro López

Hace un año, el presidente Sánchez cumplimentó a Giorgia Meloni, jefa del Gobiernode Italia, en visita protocolaria. Ambos intercambiaron palabras amables y elogiosmutuos -diplomacia de libro-, hablaron de problemas comunes, como la inmigración -curiosamente ahora...

+

“Medo e decepción” – José Manuel Pena

Segundo a ONU, as enquisas de opinión pública en todos os países coinciden en sinalar que os cidadáns non se senten representados polos seus gobernos e teñen unha pésima opinión da honestidade e sentido do servizo público dos políticos e votan máis en contra do que...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Plácido Vila”. Xulio Xiz

“Plácido Vila”. Xulio Xiz

Vivo na Milagrosa, onde hai tempo entrar no recinto murado era “ir a Lugo”, e agora – integrados mesmo nominalmente – o que antes parecía distante, a paso setentón faise en vinte minutos, e trinta se temos a ousadía de levar o coche. O centro de saúde da rúa...