“Xa abonda!!!” – José Manuel Pena

30 Marzo 2023

Canto golpes dan as ondas, ao longo dun día, nas rochas?, cantas veces fíxoche calar?, canto tempo cres que aguantarás?, desgraciadamente esta canción de Amaral está de plena actualidade. A violencia de xénero segue sendo unha materia pendente na nosa sociedade e cada vez coñecemos máis exemplos desta triste e inxusta realidade.

Segundo din os expertos, a violencia, cando aparece nunha relación de parella, non desaparece polo mero feito do paso do tempo e aínda que a vítima confíe no seu arrepentimento, o ciclo de violencia volve iniciarse, aumentando en cada ocasión o nivel da mesma.

Agora que se celebrou, hai unhas semanas, o Día Internacional da Muller decatámonos de que, no meu pobo, hai un pai que abusou sexualmente e de maneira reiterada da súa filla maior, que padece un certo grao de discapacidade, así como da avoa, mentres que a esposa prefire manter o silencio por vergoña social, amparando ao sinvergonza do seu marido. Por sorte o caso vai ser denunciado pola “valentía” da filla, a pesar do pánico que ten cara ao proxenitor.

Ao mesmo tempo comprobo, persoalmente, como unha moza de mediana idade sufriu malos tratos psicolóxicos pola súa ex parella, ao longo de moitos anos, e cando tratamos de recuperar a vivenda habitual de ser desafiuzada, atópome cunha persoa esnaquizada que prefire optar pola dación en pago, antes de ter que vivir no “fogar” onde sufriu tantos horrores de malos tratos psicolóxicos.

Cada vez son máis consciente de que todos nós somos os responsables de que sigamos tendo que falar de violencia de xénero, de malos tratos e vexacións cara ás mulleres. Xa abonda !!! .

Outros artigos

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

+

“El papel de la mujer en Marruecos”. José Castro López

Traigo a este comentario un hecho político que invita a mirar a Marruecos desde laperspectiva del papel de la mujer en una sociedad de profundas tradiciones y arraigadascostumbres machistas bajo una “democracia controlada”, como muchos la califican.En Marruecos ganó...

+

“Non é a guerra, míster: son os feitos”. Antón Luaces

O vicepresidente de Estados Unidos de América, mr. Vance, nun arranque de sinceridade comedida, culpaba onte á guerra (ou guerras) nas que están metidos os estadounidenses, dos nefastos resultados acadados nas eleccións de medio mandado que non deixan moito marxe de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Más democracia tras las elecciones”. Alberto Barciela

“Más democracia tras las elecciones”. Alberto Barciela

La nada simple posibilidad de que las Elecciones Generales del próximo 29 de noviembre determinen una mayoría cualificada en el Congreso, lo que se pondría el consenso de al menos dos partidos en torno a un único candidato a Presidente, presupondría la oportunidad de...

“Dereito á folga” – José Manuel Pena

“Dereito á folga” – José Manuel Pena

A folga está recoñecida como un Dereito Fundamental na Constitución española, concretamente no seu artigo 28, entendendo como algo necesario para defender os intereses socioeconómicos e profesionais dos traballadores. Así mesmo o artigo 4 do propio Estatuto dos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.