Certamente, non se agardaba outro resultado: oito anos despois de ser aprobada polo Goberno de Mariano Rajoy, o Congreso dos Deputados rexeitou este martes a reforma da Lei de Seguridade Cidadá ou “Lei Mordaza” (como se coñece popularmente), modificación que pretendía a coaligación de goberno que preside o socialista Pedro Sánchez cos votos dos partidos da esquerda. Tres destes partidos (ERC, EH Bildu e Junts) votaron en contra da proposta socialista coa que non concordaban. Catro grandes atrancos o impedían: o uso de pelotas de goma nas accións antidisturbios polas forzas policiais, as devolucións en “quente” en casos de migrantes, as sancións económicas por falta de respecto aos axentes da orde pública e as multas por desobediencia.
Debido a ese rexeitamento, a “Lei Mordaza” continuará en vigor tal e como fora aprobada pola maioría absoluta do PP da que dispuña no ano 2015: votos a favor do PP, VOX e Ciudadanos. Estes mesmos partidos votaron no mesmo senso, para que a Lei siga vixente, é dicir, sen modificacións, En total, 19 votos, contando asimesmo cos de UPN, ERC, EH Bildu e Junts, fronte aos 18 de PSOE, Unidas Podemos e PNV.
O informe emanado da ponencia propuña retocar 36 artigos dunha das leis aprobadas polo Goberno de M . Rajoy, considerada como a máis significativa de cantas aprobou ese goberno.