Sufocado un conato de incendio forestal en Palmeira

28 Marzo 2023
Incendios Galicia

Sobre as seis da tarde deste martes iniciouse un conato de incendio na parroquia ribeirense de Palmeira, incendio que foi sufocado en pouco máis dunha hora. A Consellería do Medio Rural mobilizou para iso a un axente, unha brigada e unha motobomba para traballar na extinción do lume.

A superficie afectada abarcou unha extensión de 0,26 hectáreas e un terreo principalmente de arboledo. A ausencia de vento e a pendente moderada da zona axudaron a que as chamas non se propagasen.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...