Stop Deshaucios Barbanza pide aos concellos da comarca que favorezan a dispoñibilidade de vivendas baleiras para familias vulnerábeis

22 Marzo 2023

A plataforma Stop Deshaucios Barbanza enviou unha circular aos alcaldes de Barbanza Arousa (Ribeira, A Pobra, Boiro e Rianxo) instándoos a que suban un novo chanzo en materia de acceso á vivenda para colectivos vulnerábeis e favorezan a cesión temporal de vivendas que constitúan alternativas de uso para as familias que non conten cunha residencia de seu ou estean en risco de ser expulsadas da súa habitual. Estas vivendas, segundo explica a plataforma, poderían xestionarse a nivel municipal e favorecer “as alternativas habitacionais”.

Urbanización pantasma na Mámoa, en Ribeira

Reproducimos máis abaixo a misiva enviada aos rexedores do Barbanza.

“A todos os alcaldes do Barbanza,

Pola presente, desexamos achegarvos unha iniciativa moi interesante e necesaria que, dende hai tempo, están levando adiante dende a oficina da Valedora do Pobo. Trátase de manter contactos directos coa SAREB de cara a conquerir que poñan a disposición de algúns concellos (xa están asinados convenios de colaboración con algúns en Galicia) as vivendas baleiras para que estes xestionen o seu uso con destino a alugueres sociais e facilitar unha alternativa habitacional a todas as familias vulnerábeis que perdan a súa vivenda habitual, por causas económicas.

Por todo iso gustaríanos que, como máximo responsábel municipal, puidese suxerir a contabilización do número de vivendas baleiras e as que se atopan inacabadas en urbanizacións fantasma do termo municipal para dar traslado desa información á oficina da Valedora do Pobo, máis concretamente a Cristina Fernández, no teléfono : 981-56-97-40″.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.