Seguen a bo ritmo os traballos para dotar de beirarrúas a estrada que vai dende A Barquiña até a Alameda (Noia)

15 Marzo 2023

O alcalde de Noia, Santiago Freire, visitou esta semana as obras que se están a realizar para mellorar a seguridade e a transitabilidade na travesía que vai dende o cruce da Barquiña até a Alameda. Segundo sinalou o rexedor, os traballos avanzan a bo ritmo e, de feito, xa deron comezo as tarefas para dotar á vía do segundo treito de beirarrúas (as comprendidas entre os dous cruces de Barro). O alcalde tamén puido falar cos veciños da contorna, coa empresa que está a desenvolver os traballos e coa dirección da obra, coa finalidade de atender as demandas da cidadanía en relación ao proxecto e o avance do mesmo.

O proxecto incluía unha nova glorieta na Barquiña e a mellora da travesía na AC-550 até a Alameda, contándose cun investimento de 1,1 millóns de euros.

Con estas obras, o Concello e a Xunta (Consellería de Infraestruturas e Mobilidade quixeron atender unha demanda da veciñanza, que leva tempo demandando beiras renovadas e un itinerario peonil accesíbel por unha das marxes da estrada autonómica. A intención é ter remadas as obras este verán.

Outros artigos

Noia celebra este sábado 21 a súa andaina solidaria contra o cancro

Este 21 de setembro celébrase en Andaina Solidaria Noia en Marcha Contra o Cancro, organizada pola delegación local da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) e máis o Concello. A andaina está fixada para este sábado con saída ás 17.00 horas dende a Alameda. O...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu vi a árvore chorar” – Manuel Domínguez

“Eu vi a árvore chorar” – Manuel Domínguez

Eu vi a árvore chorar. Em honra da verdade choramos juntos. E entre lágrimas e balbucios de palavras, mesmo entendendo porque ele estava chorando, perguntei a ele. Ele não estava chorando pela fruta perdida, podiam ser maçãs, laranjas, neste caso eram pinhas, pinhas...