O próximo 23 de xullo fará vinte anos que faleceu, Carlos García Bayón, primeiro cronista da cidade desde 1983 e que morreu no 2003. Desde entón o concello non contaba coa figura de cronista e a proposta do actual equipo municipal o elexido é Xosé María Fernández Pazos, quen contou co apoio dos 21 membros do Pleno da Corporación Municipal de Ribeira celebrado na xornada deste luns.
A proposta do actual rexidor, Manuel Ruíz Rivas, todo los grupos da Corporación, Suma Ribeira, BNG, Psdeg-Psoe, PBBI e PP de Galicia, apoiaron a proposta da alcaldía destacando a figura do designado. Os vinteun concelleiros votaron a favor da elección do historiador e xornalista ribeirense.

Xosé María Fernández Pazos, naceu na ribeirense, na rúa do Campo de Marte, é licenciado con
grao en Xeografía e Historia, profesor de EXB e xornalista, labor que desenvolveu na Radio
Galega dende a súa fundación en 1985.
Foi xefe dos informativos da emisora autonómica, subdirector da emisora, xefe do servizo de
Teletexto e Internet da CRTVG, servizos que fundou en 1995, e responsable da área do servizo
de Radio Exterior da Radio Autonómica. Foi amais responsable do Arquivo Sonoro e da web da RTG e
do portal dedicado á historia de mesma.

O longo da súa traxectoria dirixiu e presentou programas dedicados á actualidade, o mar, o
agro, a emigración e as novas tecnoloxías como “Código” e “Banda Ancha” e creou a canle “CódigoTV” e a emisora “ Nostalxia FM” no niño de empresas da Universidade de Santiago.
Foi amais asesor histórico da película “A illa das mentiras” e participou na elaboración
de programas da TVG.
Conta no seu haber con numerosos premios e recoñecementos ao seu labor profesional como o “Galicia de Comunicación” e o “Manuel Beiras” entre outros mais de vinte.
Colaborador de La Voz de Galicia, el Correo Gallego, Ideal Gallego e Diario de Arousa, mantivo durante varios anos unha sección fixa semanal sobre información da emigración no primeiro
xornal en lingua galega, O Correo Galego.
Colaborador de Gran Enciclopedia Galega, participou na redacción de varias obras e publicacións sobre historia e xeografía, entre eles “Sálvora, memoria dun naufraxio. A Traxedia do Santa Isabel”, que vai xa pola súa terceira edición e “Santa Uxía de Ribeira. Oito séculos de Comunidade” que recolle a historia de Ribeira e na que colaboraron outra media ducia de autores. Amais publicou colaboracións en obras conxuntas de temática histórica, xornalística e técnica. No seu haber figuran preto de cen artigos sobre a xeografía e a historia local, e colaborou en varias obras dedicadas á comarca e o concello.
Actualmente o seu labor profesional compaxínase coa dirección das webs “CodigoCero. com” e
“obarbanza. gal” e as revistas mensuais “Código Cero” e “O Barbanza” .
É doutorando da universidade compostelán facendo actualmente a investigación sobre a emigración a
América nos buques da Compañía Transatlántica Española: o Santa Isabel e o San Carlos e
mantén a web “riveira.info” no que se recolle a historia local.



