Ribeira acolleu a entrega dos Premios Deporte Galego 2019-2022 

20 Marzo 2023

O presidente do Executivo galego, Alfonso Rueda, enxalzou esta tarde o alto nivel que acadou o deporte galego nos últimos anos e destacou o papel da Xunta á hora de apoiar e fomentar o seu desenvolvemento. 

O titular do Goberno galego, acompañado do vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, a conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou en Ribeira nunha nova edición da gala dos Premios Deporte Galego. Logo dun alto de tres anos pola chegada da pandemia, retomouse a celebración dunha cerimonia na que se premiaron as figuras e entidades do deporte galego máis destacadas desde o 2019 ata o 2022. 

O presidente gabou o esforzo, a dedicación e o compromiso constantes tanto dos deportistas como das institucións a pesar das restricións nas actividades pola presenza da covid-19. Un traballo, precisou, que situou o deporte galego como único de toda España que nunca se detivo. 

Neste sentido, amosou a disposición da Xunta para seguir acompañando e fomentando o éxito do tecido deportivo de man tanto de competidores como de clubs, federacións e outras administracións.

 Máis de 20 premiados en 18 categorías

Esta edición dos Premios Deporte Galego resultou con 22 deportistas e entidades premiadas en 18 categorías distintas.

Teresa Portela e Ana Peleteiro foron premiadas como as mellores deportistas femininas; Adiaratou Iglesias, como a mellor deportista feminina con discapacidade; Carlos Arévalo, como mellor deportista masculino; Martín de la Puente, como mellor deportista masculino con discapacidade e Antía Jácome, como a mellor deportista revelación. 

Pola súa banda, Burela FS recibiu o galardón ao mellor equipo feminino; o Cidade de Lugo Fluvial, o de mellor equipo masculino; o RC Deportivo de La Coruña Genuine e o CD Lugo Genuine, os de mellores equipos de deportistas con discapacidade e o Club Básquet Coruña resultou como a mellor entidade na promoción do deporte base.  

Tamén se premiou a Miguel Martínez como mellor adestrador; a Manuel Franco como mellor xuíz; ao programa Galicia en Xogo Olímpico como mellor labor informativo; os Mundiais de Loita de Pontevedra 2022 e O Gran Camiño 2022 como mellores eventos deportivos; a Recalvi como mellor patrocinio deportivo e ao Bueu Atlético e ao Calvo Xiria co premio Xogo Limpo. 

Finalmente, como entidades destacadas no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa recibiron o premio Galicia Saudable: o Inibic Sergas, como entidade de carácter público; a Fundación Abrente Equipo Enki, como entidade de carácter privado; e, por último, o IES Manuel García Barros como entidade educativa.

Lista de premiados:

  1. -Mellor deportista feminina (ex aequo): María Teresa Portela Rivas (piragüismo) e
    Ana Peleteiro Brión (atletismo)
  2. -Mellor deportista feminina con discapacidade: Adiaratou Iglesias Forneiro
    (atletismo)
  3. -Mellor deportista masculino: Carlos Arévalo López (piragüismo)
  4. -Mellor deportista masculino con discapacidade: Martín de la Puente Riobó (tenis
    en cadeira de rodas)
  5. -Mellor equipo feminino: Club Deportivo Burela Fútbol Sala (fútbol sala)
  6. -Mellor equipo masculino: Club Tríatlon Cidade de Lugo Fluvial (tríatlon)
  7. -Mellor equipo de deportistas con discapacidade (ex aequo): Real Club Deportivo
    de la Coruña Genuine e Club Deportivo Lugo Genuine (fútbol)
  8. -Mellor entidade na promoción do deporte de base: Club Básquet Coruña
    (baloncesto)
  9. -Mellor adestrador ou adestradora: Miguel Martínez Méndez (baloncesto)
  10. -Mellor árbitro/a ou xuíz/a: Manuel Franco Ojea (tenis)
  11. -Mellor labor informativo: Galicia en Xogo Olímpico (Radio Galega)
  12. -Mellor evento deportivo (ex aequo): Mundiais de Loita sub-23 e grappling de
    Pontevedra 2019 e O Gran Camiño Cycling 2022
  13. -Mellor patrocinio deportivo: Recalvi
  14. -Mellor deportista revelación: Antía Jácome Couto (piragüismo)
  15. Premio ao xogo limpo (ex aequo): Escolas de Balonmán Xiria e Bueu Atlético
    Balonmán (balonmán)
  16. -Premio Galicia Saudable á entidade de carácter público destacada no fomento e
    promoción da actividade física e hábitos de vida activa: Instituto de Investigación
    Biomédica da Coruña – INIBIC Sergas
  17. -Premio Galicia Saudable á entidade de carácter privado destacada no fomento e
    promoción da actividade física e hábitos de vida activa: Fundación Abrente – Enki
  18. -Premio Galicia Saudable á entidade educativa destacada no fomento e promoción
    da actividade física e hábitos de vida activa: IES Manuel García Barros

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...