A Axencia para a Modernización tecnolóxica de Galicia inicia o día 28 de marzo un novo ciclo formativo en materia de ciberseguridade orientado a cidadanía, especialmente ás persoas maiores, e cun contido específico para orientar a nais, pais ou titores sobre o uso da tecnoloxía en menores. Baixo o lema O teu día a día en liña, con seguridade as actividades previstas teñen o obxectivo de “non deixar a ninguén atrás en materia de competencias dixitais e ciberseguridade”. Desenvolveranse de xeito presencial nas aulas CeMIT de 17 concellos de toda Galicia (incluída a de Ribeira) e no centro GaiásTech, na Cidade da Cultura.

O prazo de inscrición xa está aberto e pode realizarse a través da páxina web da Rede CeMIT ou de xeito presencial nas aulas de A Cañiza, Fisterra, Ribeira, Leiro, O Barco, Abegondo, Ortigueira, Monforte, Cuntis, Celanova, Cerceda, Tomiño, Ribadeo, Quiroga, A Fonsagrada, Betanzos, Gaiás Tech e Pontevedra. As xornadas farán foco “nos riscos cos que nos podemos atopar na contorna virtual e exporán as medidas para poder previlos, facilitando un uso seguro da tecnoloxía sen abusos”, explicou AMTEGA, engadindo que estas actividades forman parte da segunda edición do devandito ciclo, que se enmarca nas actividades do Nodo CIBER.gal para dar cobertura ás necesidades da cidadanía, empresas e administracións públicas en materia de ciberseguridade.
Calendario de charlas
A Cañiza
28 de marzo de 11:00 a 12:00 horas.
Fisterra
30 marzo de 17:00 a 18:30 horas.
Ribeira
3 de abril de 11:30 a 13:00 horas.
Leiro
4 de abril de 11.00 a 12:30 horas.
O Barco
5 de abril de 11:00 a 12:30 horas.
Abegondo
9 de maio de 11:00 a 12.30 horas.
Ortigueira
10 de maio de 11:00 a 12.30 horas.
Monforte
11 de maio de 12.00 a 13.30 horas.
Cuntis
15 de maio de 11:00 a 12:30 horas.
Celanova
16 de maio de 11:00 a 12:30 horas.
Cerceda
19 de maio de 12:30 a 14:00 horas
Tomiño
22 de maio de 11:30 a 13:00 horas
Ribadeo
23 de maio de 11:30 a 13:00 horas
Pontevedra
6 de xuño de 13.30 a 15:00 horas
Quiroga
12 de xuño de 12:30 a 13:30 horas
A Fonsagrada
20 de xuño de 12:00 a 13:00 horas
Betanzos
21 de xuño de 11:00 a 12:00 horas
GaiásTech
4 de maio de 16:00 a 17:30 horas
A Rede CeMIT
A Rede CeMIT (Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica) é unha iniciativa posta en marcha pola Axencia autonómica, que conta coa colaboración de 90 concellos e está integrada por 96 centros. Entre os seus obxectivos está o de promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, fomentar a formación dixital entre os profesionais galegos e mostrar ás pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información.
A listaxe completa e a localización das aulas CeMIT poden ser consultados en: http://cemit.xunta.es/centros .