Rianxo nomea fillo predilecto a Santiago Agrelo (este sábado no Auditorio)

29 Marzo 2023

Este sábado 1 de abril, ás 12.00 h, celebrarase no Auditorio de Rianxo o acto solemne e público de nomeamento de fillo predilecto de Rianxo a Santiago Agrelo Martínez, arcebispo emérito de Tánxer.

Intervirá Adolfo Muíños Sánchez (alcalde do Concello de Rianxo), Xosé Luís Axeitos Agrelo (académico da RAG, profesor e investigador) e o propio homenaxeado.

Apertura e peche musical a cargo do grupo Barahunda.

Entrada libre ata completar as localidades.

O homenaxeado

Santiago Agrelo Martínez naceu en Asados, Rianxo, o 20 de xuño de 1942). Ademais, de arcebispo emérito de Tánxer, é un relixioso franciscano.

Foi nomeado arcebispo de Tánxer por Bieito XVI en 2007, cando era párroco na diocese de Astorga e profesor no Instituto Teolóxico de Compostela.

O 20 de xuño de 2017 presentou ao papa Francisco a súa renuncia por motivos de idade. O 24 de maio de 2019 fóiselle aceptada a renuncia ao devandito cargo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.