O vindeiro venres 17 de marzo, ás 20.30 horas, celebrarase no salón de actos do Auditorio de Rianxo a presentación do libro Xogos tradicionais galegos para tempos de recollida (elaborado durante o confinamento) do Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego.
No acto intervirán Ricardo Pérez Verdes do Museo Etnolúdico de Galicia, Xosé Manuel Barreiro Insua de Brinquedia, a investigadora rianxeira Manuela Vázquez Coto e o alcalde de Rianxo Adolfo Muíños.
O acto incluirá unha sesión de xogos para todas e todos desde as 19.00 horas.




