Repite en Boiro (por terceira vez e a partir do día 20) o curso de operacións básicas de cociña

08 Marzo 2023

Formaziona vai achegar en Boiro a terceira edición do seu curso Operacións básicas de cociña. Faino tralo éxito de participación das dúas primeiras convocatorias, tamén en Boiro. Segundo explican, é un curso para persoas que estean en situación de desemprego. Comeza o luns 20 de novembro en horario de mañá e achega, en palabras dos formadores, “amplas posibilidades de empregabilidade para o alumnado”.

Desenvolverase no Centro de Formación do Concello de Boiro. Trátase dun certificado de profesionalidade de nivel 1, polo que non se require formación específica.

Organízase no marco dos proxectos de emprego PEL da Deputación da Coruña. Os requisitos para participar son os seguintes: que as persoas solicitantes estean empadroadas no concello e que estean dadas de alta como demandantes de emprego. Trátase dunha formación dual gratuíta e certificada de 582 horas de duración de itinerario formativo.

O curso, ademais de proporcionar un certificado de profesionalidade e obter unha titulación oficial, permite obter o seguinte:

Certificado en Prevención de Riscos Laborais básico acreditado pola Fundae

Certificado en riscos laborais específicos en hostalería

Certificado de análise de perigos e puntos críticos de control

Certificado de manipulador de alimentos

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...