Remata con éxito de participación a Campaña do Día do Pai impulsada pola ABE

22 Marzo 2023

Este pasado domingo 19 de marzo finalizaba a Campaña do Día do Pai impulsada pola Asociación Boirense de Empresarios (ABE), cuxo obxectivo foi recoñecer e premiar a fidelidade dos clientes e impulsar as vendas nos negocios asociados nesta data tan sinalada. Desta volta, as persoas que fixeron as súas compras entre o 13 e o 19 de marzo e rexistraron os seus tíckets e/ou facturas en www.abe.gal acumularon o dobre de puntos para trocar polos premios do catálogo, entre os que se inclúen tamén Bonos ABE para mercar nos negocios asociados.

En total foron 512 rexistros en 7 días, o que supón un incremento do 50% sobre a media de rexistros das anteriores semanas e regaláronse mais de 2.000 puntos extra.

A ABE explica que con esta campaña conseguiuse superar a barreira dos 10.000 tíckets rexistrados dende que en decembro estreara este innovador sistema de fidelizacion, concretamente son 10.222 rexistros correspondentes a 1.563 clientes diferentes, récord tamén.

A asociación tamén lembra que durante todo o ano os clientes dos negocios asociados poden rexistrar tíckets e facturas e acumular puntos para cambiar por Bonos ABE ou agasallos e que eses rexistros tamén valen para participar en sorteos de premios e/ou campañas como a do Dia do Pai.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.