Porto do Son acolleu unha xornada sobre intolerancia alimentaria

08 Marzo 2023

O Concello de Porto do Son, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns (dependente da Consellería de Sanidade) organizou o pasado venres 3 de marzo un curso formativo de balde sobre intolerancias alimentarias na infancia. De catro horas de duración, a sesión puxo o foco (entre todos os trastornos provocados pola alimentación) na intolerancia derivada da frutosa.

A sesión foi impartida por Rosaura Leis Trabazo, profesora titular de Pediatría na Universidade de Santiago de Compostela, amais de médico especialista en Pediatría e Coordinadora da Unidade de Gastroenteroloxía e Nutrición Pediátrica da Área sanitaria de Santiago. A xornada, moi concorrida de pública, estivo dirixida a persoal sanitario e educativo, monitores/as, pais, nais e cidadanía en xeral

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

Cantó en la entrega del Princesa de Asturias un fragmento de Wing, a sus 79 años, desmelenada según costumbre, áspera y afinada melódicamente. Escuché por you tube algunas de sus canciones espectáculo en auditorios petados con megafonía alta ante público entregado,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.