Piden á Xunta esixir a Monbús que solucione as incidencias da liña Ribeira-Santiago

06 Marzo 2023


O Parlamento de Galicia esixiu que se cumpra o horario e as frecuencias que afectan particularmente os veciños de Rianxo

A Comisión 2ª de Ordenación Territorial do Parlamento de Galicia acordou, por unanimidade, insta á Xunta a que esixa á concesionaria de transporte interurbano da liña Ribeira-Santiago que solucione as incidencias que afectan os veciños do concello de Rianxo.

Refírense concretamente a aquelas relacionadas co cumprimento de horarios e frecuencias e ás medidas de seguridade e hixiene nos vehículos.

Acordouse tamén situar nun lugar “visible e accesible” da páxina web bus.gal o espazo para que a cidadanía poida informar das incidencias que teñen lugar con este servizo.

A deputada socialista Noa Díaz, encargada de presentar a proposta, sinalou que os veciños dos municipios de Barbanza xa trasladaron en moitas ocasións a necesidade de poñer en marcha medidas que acaben cos problemas e, “a pesar de chegar a acordos parlamentarios, nada cambiou”.

No caso concreto de Rianxo, apuntou, a situación é “insostible” para os veciños, que se enfrontan a vehículos en mal estado que non fan paradas, liñas que desaparecen, autobuses cheos, e a atrasos tamén de hora e media, nalgúns casos.

Pola súa banda, o nacionalista Paulo Riós indicou que se trata de “un caso puntual que pasa todos os días en todas partes”. “Non hai comarca do país onde o transporte funcione razoablemente ben un número razoable de días”, aseverou.

E mentres, apuntou, a Xunta continúa “empeñada en dicir que todo vai moi ben” e que é “a oposición a que inventa situacións para facer unha política de desgaste”. “É a propia Xunta, xunto á concesionaria, a que fai unha política de desgaste”, insistiu.

Por último, o popular José Balseiro aseverou que “a Xunta e o PP son os máis interesados en que funcione correctamente o servizo público de transporte por autobús”. Nesta liña, afirmou que o Goberno galego sempre “esixe” unha solución “inmediata” ás incidencias concretas que ocorren.

“Aínda que lles pese, funciona razoablemente ben. Pretenden facer pasar por norma o que son incidencias puntuais, que non representan o funcionamento xeral do bus. As incidencias son a excepción e son mínimas”, remarcou.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.