Segundo recolle o Diario de Arousa, a unidade operativa de Ribeira do Servizo de Gardacostas de Galicia inmobilizou o luns en Cabo de Cruz unha lancha á que hai semanas levantoulle unha acta por unha presunta infracción. Así, deuse cumprimento a unha orde de paralización emitida pola Xefatura Territorial da Coruña da Consellería do Mar, tras ter coñecemento dos feitos. Tratouse dunha embarcación que estaba a faenar sen ningún tipo de documentación no litoral de Corrubedo, e que contaba con seis tripulantes a bordo, dos que só un posuía autorización para desenvolver a actividade de extracción de fazula, e facíano nunha zona non autorizada.




