Os veleiros Santana’s, Camping Ría de Arousa e Orlando dominan a etapa pobrense da Liga Cruceiros Ría de Arousa

20 Marzo 2023

Cun vento do NW duns 12 – 15 nós deuse a saída á frota do quinta manga da liga de Cruceiros Ria de Arousa 2023. Unha baliza de desmarque na enseada pobrense era o preludio a unha loita sen cuartel polo interior da Ría, con pasos obrigados polas balizas de Moscardiño, Ter, illa de Rúa e Ostreira para a clase Cruceiro, para un total de 11 millas e un tramos a maiores entre o Moscardiño, Seixo e Ter ata cumprir as 13,40 millas para as clases Cruceiro e Cruceiro-Regata.

A saída con Thor II e Fixius en primeiro plano

Na cabeza da frota unha bonita pugna polo liderado da clase regata entre Santana ́s, o Moucho e o Chispetrén, que se disputaban o podio nesta rifada clase. O Santana ́s, de José Manuel Millán, fíxose unha vez máis co primeiro posto e alisa o camiño para a vitoria final. Segundo é o ribeirense Moucho, pero só un punto sepárao do representante do CN Arousa Norte, Chispetrén, e xogaranse na etapa de Vilagarcía o segundo e terceiro posto da clase Regata.

Entre os Cruceiro-Regata segue o particular duelo entre o Cámping Ria de Arousa e o Fixius, que nesta ocasión foi parar a mans do pobrense José Manuel Pombar e o seu Ro 330, deixando así todo por decidir para a definitiva manga. Terceiro nesta clase para o ribeirense A Píllara.

O Orlando, de Gerardo Sánchez-Brunete, do CN Arousa Norte, segue sen dar o seu brazo para torcer e conta con outro primeiro no seu marcador particular, catro vitorias de cinco mangas disputadas falan por si só do poderío deste Dehler 31 e da súa tripulación. Segundo posto para o Galopín do CND de Ribeira e terceiro chanzo do podio para o pobrense Thor II.

O próximo 1 de abril definitiva manga desta Liga de Cruceiros Ria de Arousa en augas de Vllagarcía baixo a organización do centenario RCR de Galicia, con aínda moito por decidir. Na previa desta regata gardarase un minuto de silencio en recordo de Chuco Pérez-Lafuente, oficial, xuíz e adestrador recentemente falecido.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.