Os socialistas piden que se determinen os límites de Ribeira cos concellos lindeiros e, tamén, o territorio exacto de cada parroquia

15 Marzo 2023

O grupo socialista de Ribeira, a través do concelleiro-voceiro José Manuel Vilas, presentou unha proposición para ser tratada en pleno relativa ao patrimonio local e das parroquias e a necesidade de especificar e comprobar a súa pertenza ao termo municipal, e tamén os límites das parroquias. Segundo fan saber, a delimitación territorial do concello presenta a día de hoxe varias incógnitas, en diferentes puntos da súa xeografía, que cómpre resolver. “Nestes tempos actuais, onde o Rexistro da Propiedade non inscribe ningunha finca, se non son coincidentes as coordenadas xeográficas da escritura coas que manexa a Dirección Xeral do Catastro, atopámonos cun baleiro no que compete aos límites do concello”, sinala o PSOE de Ribeira.

A modo de exemplo, o grupo pon o foco na Granxa de Campelos, parroquia de San Martiño, onde un propietario leva dous anos tratando de resolver a inscrición dun predio situado entre os concellos de Ribeira e Porto do Son, sen que por parte dos concellos se aporten as respectivas coordenadas xeográficas coincidentes, coa incomodidade xerada. “O límite destes dous términos municipais presenta serias dúbidas no deslinde da parroquia de Olveira, zona de Espiñeirido con Seráns, por non citar a zona de Balteiro”, engaden os socialistas, que tamén poñen o foco na situación análoga existente entre os territorios da Pobra e Ribeira, con disputas dende Os Forcados , pasando por Moldes, e camiño de Rosende ata o Esteirón., con límites indescifrábeis. “Tal é así”, sinalan, “que a santa de Moldes é venerada e festexada polos fregueses da Pobra pese a a que o cruceiro está localizado en terreos de Ribeira”.

Outro tanto acontece co interior do concello de Ribeira, “con distintos lugares no limbo segundo sexa a división administrativa ou parroquia, causando incerteza na veciñanza e nos organismos públicos, coma no órgano notarial pertinente, que escritura un terreo de Areeiros-Castiñeiras, na antiga parroquia de Carreira”. Isto se pode extrapolar a Aguiño perfectamente, indica o PSOE, que sinala que nesta parroquia hai predios que forman parte dela e seguen escriturándose na parroquia anterior, sen ninguén que evite ou rectifique estes fallos.

O grupo, para ilustrar estes “erros conscientes ou inconscientes”, achega a foto do lugar da Roda en Carreira, onde figura o sinal da parroquia mal situado, debendo localizarse metros abaixo, no regato e camiño de subida á Fieiteira (na curva de Cipriana de Pozas, rotonda da Variante), dende Fafián; “camiño hoxe desaparecido por obra e arte do Birlibirloque, xa que unha construción ocupa hoxe o seu lugar”, engaden.

Polo exposto, o grupo municipal PSdeG-PSOE, presenta o Pleno a seguinte proposición:

-Que por parte da área de Patrimonio do Concello de Ribeira fágase un traballo de campo minucioso consistente en recompilar os límites parroquiais, co fin de determinar de xeito fiel a división municipal respecto dos concellos de A Pobra do Caramiñal, e Porto do Son, e saber perfectamente o patrimonio propio.

-Que por parte do departamento que corresponda se inscriban no Rexistro da Propiedade os Bens Inmóbeis e Dereitos Reais, de acordo co Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...