Os nacionalistas presentaron, na Lonxa de Ribeira, un equipo renovado e capacitado encabezado por Luís Pérez

25 Marzo 2023

Nun ateigado salón de actos da nova Lonxa de Ribeira, o BNG presentou a candidatura coa que concorrerá ás eleccións municipais. A lista electoral, composta polo número máximo de persoas que permite a lei, 31, é froito da “escolla dos mellores, das persoas máis capacitadas e que mellor representan o noso concello, xa que está conformada por persoas de todas as parroquias, de todos os sectores económicos e dos movementos sociais máis destacados, como son a defensa da sanidade, as Anpas ou o tecido social”, destacou o candidato Luís Pérez.

O acto arrancou cunhas palabras de Amparo Cerecedo, candidata do BNG da Pobra do Caramiñal, quen aproveitou a súa quenda de intervención para afirmar que “Luís Pérez vai ser o mellor Alcalde, por ter a formación e a experiencia necesaria que, xunto co equipo que o acompaña, vai facer que o modelo de Concellos BNG chegue tamén a Ribeira, facendo desta localidade unha verdadeira Pontevedra, Allariz ou Carballo”.

Pola súa banda Rosana Pérez, deputada do BNG no Parlamento Galego afirmou que o Bloque vai dar un gran salto adiante nestas eleccións, xa que se dan as condicións para que así sexa e porque se están artellando as mellores candidaturas municipais da historia do BNG. “Sen dúbida algunha, das eleccións municipais deste maio van saír máis concelleiros e concelleiras e máis gobernos do BNG”, manifestou.

BNG

Equipo preparado para gobernar

O candidato do BNG, Luís Pérez Barral, indicou que o BNG ten “un proxecto claro e un equipo extraordinario de persoas capaz de aproveitar as fortalezas desta vila”. Así mesmo, o candidato afondou na idea de que as propostas do BNG son tan solventes que moitas delas son apoiadas por maioría, aínda que o goberno as incumpra. Barral asegurou que “se desde a oposición lograron sacar adiante propostas tan importantes como municipalizar o aparcadoiro do Centenario con tarifas reducidas, crear os estacionamentos disuasorios, formular a proposta alternativa da circunvalación para aliviar o tráfico urbano sen prexudicar á veciñanza, os bonos comercio, a nova biblioteca, a residencia das Saíñas, etc. que non poderá facer o BNG desde o goberno ribeirense”.

Facer unha Ribeira en grande

Os nacionalistas xa teñen catro eixos de goberno marcados nos que pretenden que Ribeira volva medrar, para iso centrarán a súa acción na materialización do polígono industrial pero tamén en encher as rúas de vida para apoiar o comercio e hostalaría locais. O segundo eixo é unha Ribeira ben coidada, verde e sostible na que priorizarán o mantemento de equipamentos públicos fronte o malgasto en grandes obras, en cemento, palmeiras ou herba de plástico. Tamén se comprometen a reducir o tarifazo do saneamento aplicado polo PP.

A promoción dos coidados ás persoas maiores coa mellora da dependencia e a conciliación da vida laboral e familiar con puntos de atención á infancia específicos é o terceiro dos eixos.

Por último os nacionalistas queren poñer ás parroquias no centro garantindo a prestación de servizos como auga, saneamento, internet de calidade ou promovendo a participación veciñal nos proxectos que se desenvolvan, facendo que todas as actuacións sexan amplamente respaldadas.

Candidatura BNG

O futuro goberno estará liderado por Luís Pérez, técnico na Administración Local e concelleiro con máis de 10 anos de experiencia. Séguélle Cruz Rivadulla (concelleira, profesora xubilada e voluntaria en Servizos Sociais), Veva Betanzos (autónoma, asesora de empresas), Antía Alberte (graduada en Ciencias Ambientais, máster en prevención de riscos laborais e ilustradora), Xabier Vidal (diplomado en Relacións Laborais e contable), José Sanmiguel (profesional sanitario e directivo dunha Anpa), Rafael Pazos (traballador de Portos de Galiza), Carmen Lampón (mestra), Isabel Sampedro (traballadora da conserva), Áurea Santiago (autónoma comerciante), Alexandre Ríos (xefe de máquinas).

Completan a candidatura Teresa Prol, Xana Ledo, Carlos Lixó, Iria Casais, Silvia Varela, Ezequiel Millet, Xosé A. Parada, Rosana Pérez, Marta Varela e Xosé A. Vázquez Cobas.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...