“O valor da memoria”. Luís Celeiro

31 Marzo 2023


A memoria. Quen o diría? É tan importante como comer, beber ou falar. Os recordos e acordos, as lembranzas e as vivencias son piares que sustentan o porvir, que axudan a pasar con éxito a travesía. Son os cimentos do futuro que se vai construíndo paso a paso, pouco a
pouco, nun tempo ou noutro calquera. Son vida pasada e alicerce para seguir na ruta, para entender o que veña, para analizar, estudar, pescudar e relacionar o que foi co que será, se é posible, orientándoo cara o que cada quen quere que sexa.
Vostede, amiga lectora (ou lector) que espera do futuro? -Espero e quero liberdade, dicía Alda, aquela amiga que foi de ama de cría a unha casa de ricos situada moi lonxe do que ela quería. Eran ricos pobres e folgazáns, tiñan diñeiro e pouco máis. Ela non, Alda tiña leite e bonhomía a cachóns. A súa bondade e sinxeleza, no falar e nas formas, uníanse ao seu querer e á súa mirada con ledicia, como experta traballadora na crianza daquela xente que precisaba leite para mamar.
Quen se acorda dela? O seu fillo era un dos que a lembraba, que a apreciaba e que lle quería, pero el tamén morreu, igual que, antes ou despois, morre a xente toda. Morreron as amas de cría e os que criaron, queda a memoria, se é o caso. Os que criaron e aqueles aos que lles deron leite cando eran vellos e non podían alimentarse doutra maneira, todos forman parte dos relatos históricos, dos que dan conta do pasado.
As nosas galegas e, máis aínda, as pasiegas (de Cantabria) eran valoradas, distinguidas e queridas para aleitar aos meniños dos ricos e da nobreza. Contan as crónicas que as de Cantabria ían á praza para ofertar os seus servizos e todas elas eran contratadas pola calidade insuperable do seu leite, con enorme contido de ferro e co nivel de graxa no seu punto, baixo en calorías e coas suficientes cantidades de proteínas, hidratos de carbono, vitaminas, minerais e auga, xunto ás proporcións adecuadas de calcio e fósforo. Os nenos ían para a cama con cara de farturentos e moi contentos.
Pois, en Granada segue co seu nome a Praza das Pasiegas, alí no centro, a uns catrocentos metros do Concello. Unha praza en honra das nais que deixaban aos seus fillos para ir de amas de cría ou de amas do leite, na procura dunhas poucas, pero necesarias, moedas. Aí está, sen máis, como di a Tía Manuela, “hai que reivindicar o valor da memoria, para saber o que somos e de onde vimos”.

Outros artigos

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...

+

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

Daquela, hai algo máis de cincuenta anos, algúns dos aldeáns e aldeás das aldeas de Lugochegaban ao Instituto para abrir as portas do futuro, pechadas a cal e canto para os fillos daMariña, para os das montañas da Fonsagrada, dos Ancares, do Courel e da Lóuzara...

+

“Pedir perdón, el valor de la palabra” – Manuel Domínguez

Se les pide que pidan perdón, (no se para que), que manifiesten un acto de fe, que se arrepientan, se le pide lo que ya se sabe que no se obtendrá. Yo personalmente en el juego del circo político, pediría mil perdones , si ello le satisface, al fin de cuentas, nada va...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Alonso Montero”. Xulio Xiz

“Alonso Montero”. Xulio Xiz

Desde o cumio dos 95 anos, as letras e a fala contémplannos, testemuñan coñecemento e ansia de espallalo, conciencia e vitalidade intelixente. Moitos pensabamos que era lucense de raiz, e resulta selo sen esquecer a orixe rural ourensá, porque en Lugo...