O remo converterase en protagonista no 2 de abril coa IV Bandeira de Bateis Concello da Pobra

29 Marzo 2023

A IV Bandeira de Bateis Concello da Pobra, feminina e masculina, reunirá unha decena de clubs da
zona norte de Galicia no 2 de abril. As remeiras e os remeiros botaranse á auga na dársena do porto
comercial baixo, a partir das 11.00 horas, co obxectivo de se alzaren coa vitoria. As bandeiras recaerán nos clubs na modalidade feminina e masculina que logren maior puntuación. Tamén se lles entregarán
medallas aos tres primeiros clasificados de cada categoría.
A concelleira dos Deportes, Genoveva Hermo (Nós Pobra), salienta os resultados obtidos pola entidade pobrense nas distintas categorías, ademais da súa capacidade organizativa para este tipo de probas, polo cal se erixe como un axente dinamizador da vida deportiva do municipio.
En representación da delegación pobrense, Antonio do Carmo e Adrián González apuntan que esta competición se enmarca na liga de regatas de bateis previas aos campionatos oficiais e moverá arredor de 50 equipos e, polo tanto, 500 participantes aproximadamente.
Organiza o Club Remo Puebla co patrocinio da Administración local, ademais da colaboración da Protección Civil e da Federación Galega de Remo.

Outros artigos

Falece unha ribeirense de 50 anos atopada no chan da súa casa

Unha muller de 50 anos, cuxa identidade responde as iniciais T.M.M., faleceu esta noite na súa casa da céntrica Rúa Méndez Núñez, de Ribeira. Segundo informa o Diario de Arousa , foi a súa parella a que ao redor das oito do serán chamou o 112 para comunicar que non...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...