O PP salienta que os usuarios puntuaron cun notábel o servizo de autobús da Xunta no Barbanza

03 Marzo 2023

O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, salientou este venres 3 de marzo no Parlamento galego que “as persoas usuarias da comarca do Barbanza puntuaron, na enquisa realizada ao longo do pasado ano, cun notábel os servizos de autobús da Xunta”. Porén, recoñeceu que poden existir “incidencias puntuais” no servizo, polo que “o Grupo Popular apoiou esixir á empresa concesionaria que solucione de inmediato os problemas que poida padecer a veciñanza de Rianxo coa liña de transporte interurbano Ribeira-Santiago, tanto no que se refire ao cumprimento de horarios e frecuencias como ás medidas de seguridade e hixiene esixidas nos vehículos”, comentou.

José Manuel Balseiro dixo que os veciños de Rianxo dispoñen de 44 servizos ao día, de luns a venres, nas liñas que conectan Ribeira e Santiago. Ademais, engadiu, “préstanse catro expedicións de reforzo os venres en tempada universitaria e os usuarios contan con 25 servizos os sábados e 26 os domingos”. En conxunto, “Rianxo está conectado por case 11.000 circulacións ao ano”, apuntou.

Balseiro tamén puxo en valor “o grao de actualización da frota de vehículos realizada nos últimos meses pola empresa”, onde “máis do 20 por cento dispón dunha data de matriculación no presente ano e 2 de cada 10 autobuses deste contrato contan coa etiqueta Eco, polo que se trata de vehículos modernos e menos contaminantes”.

Por último, Balseiro lembrou que a Xunta “fai un seguimento continuo e exhaustivo do Plan de Transporte Público de Galicia, e gracias a isto nesta Comunidade, e tamén no caso do Barbanza e Rianxo, dispoñemos dun transporte público por autocar eficaz, competitivo e adaptado ás necesidades da cidadanía”.

Outros artigos

Ribeira reivindica arte local cunha mostra colectiva de 23 artistas

O Centro Cultural Lustres Rivas, espazo vivo de creación e difusión cultural activo dende 2011, acolle este días, por segundo ano consecutivo, unha exposición colectiva de artistas da contorna, fundamentalmente ribeirenses, baixo o título Camiño da arte que está...

+

O Pazo da Mercé, na Listaxe Vermella do Patrimonio de Hispania Nostra

A Lista Vermella do Patrimonio que mantén actualizada online a asociación Hispania Nostra denunciando o estado de abandono dos tesouros da xeografía española, vén de engadir un novo inmóbel do Barbanza aos seus rexistros, que sumar á Casa da Cadea (A Pobra) e a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión